André Abeledo

Considero que tanto o “delito de inxurias a Corona” como a monarquía en si mesma un anacronismo histórico que debe ser superado para avanzar na construción dun Estado que debe ser a casa de todas e todos.

O feito de que unha opinión, unha critica ou mesmo un insulto a un personaxe público poida ser considerado un delito é un atentado contra o dereito a libre expresión.

Non pode ser que na actualidade teña alguén con máis dereitos ou protección legal cara a súa persoa que calquera outro cidadán.

O honor do Rei non pode ter máis valor que a nosa liberdade de expresión.

O Código Penal ofrece máis protección a Casa Real que a calquera outra institución ou cidadá do Estado. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos sinalou que protexer de maneira especial ao Xefe de Estado en materia de inxurias e calumnias non se axusta ao espírito do Convenio Europeo de Dereitos Humanos.

O uso das redes sociais ten reactivado na actualidade a persecución deste delito máis propio da idade media como é a propia Casa Real.

Non pode ser que inxuriar ou calumniar a Corona teña un castigo máis elevado que inxuriar ou calumniar a calquera outro cidadá.

Tratase de defender a democracia, o dereito a escoller nas furnas e libremente ao Xefe de Estado, ou mesmo o modelo de Estado. O dereito a decidir, a soberanía popular por riba do dereito a herdar un trono, e uns servos, dunha determinada familia, neste caso os Borbóns.

Xa pasaron moitos anos, tempo suficiente para que nun país verdadeiramente democrático poidamos poñer en cuestión a lexitimidade dunha monarquía que é herdanza do franquismo e foi imposta polo ditador.

Non debería ser un problema que o pobo poida decidir, poida votar, que o pobo sexa realmente quen máis ordena.

Movementos xuvenís, organizacións políticas, e gran parte da cidadanía están esixindo ese dereito que ata o de agora foinos negado coa escusa de non abrir feridas que xa deberían ter cicatrizado ,a non ser que teñan curado en falso.

Deja un comentario