Categorías: Galiza

O deputado Antón Sánchez considera «fraudulenta» a tramitación da Xunta dos parques eólicos Campelo, Bustelo e Monte Toural

O vicevoceiro de En Marea e portavoz nacional de Anova denuncia que o proxecto está «fraudulenta e artificialmente fragmentado en 3» porque en realidade «teñen o mesmo promotor, Greenalia Wind Power, mesma área xeográfica e mesmo comparten liñas de evacuación e estación transformadora, unha práctica moi habitual para evitar avaliación dos impactos acumulados».

Cadea humana no lugar de Mira (Coristanco, A Coruña) . Os participantes uniron as súas mans e as súas voces baixo o lema «A terra non se vende, a terra se defende» / Plataforma Non eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural

Na pregunta parlamentaria presentada dende o grupo parlamentario de En Marea, tamén asinada polo deputado Marcos Cal, Sánchez espuxo que os tres parques eólicos situados entre Coristanco, Carballo e Santa Comba reunirían un total de 27 aeroxeradores cunha altura superior aos 150 metros nunha zona con presencia de núcleos de poboación e explotacións gandeiras, nalgúns casos, coma nos lugares de Campelo e Mires, a tan só 500 metros das vivendas.

O representante recordou que a instalación destes parques eólicos tería afeccións ambientais negativas a espazos de alto valor ecolóxico como a Braña Rubia-Alcaián e o Monte Bustelo, supoñendo unha verdadeira ameaza para a conservación dunha especie única en perigo de extinción como a Centaurea ultreiae, afectando gravemente á paisaxe e ao patrimonio cultural e histórico pero sobre todo «á vida das persoas pola ubicación dos aeroxeradores».

«O modelo eólico que vostedes aplican en Galicia é un modelo eólico contrario ao interés xeral» -espetoulle o deputado ao conselleiro de Industria Francisco Conde, recordando que nunha zona poboada e con especialización gandeira e forestal «todo son inconvenientes» pola implantación «dunha actividade económica que non axudará a dinamizar a economía local».

«Vostedes fan as leis a medida dos que posúen xa máis do 85% do capital eólico en Galicia, que factura anualmente uns 600 millóns de euros» -insistiu Antón Sánchez- denunciando a utilización torticeira dos conceptos de «interese especial» e a «declaración de utilidade pública» contemplada la Lei 5/2017 de fomento da implantación de iniciativas empresariais, máis coñecida como «Lei de Depredación».

«Esta é unha vez máis a historia recente deste país, onde se expoliou o lignito en Meirama e As Pontes, ocuparonse os ríos para que empresas de fóra viñeran a facerse millonarias e dende hai anos sufrimos o espolio do vento e todo para quedar cos impactos e cunha electricidade igual ou máis cara que noutras zonas onde non se produce todo coa súa complicidade» -afirmou o deputado- constatando que «ante esta realidade érguese unha vez máis a oposición social ante un modelo imposto e alleo ao interese da veciñanza«.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

La «restauración» del Monte Neme: un «lavado de cara» que no soluciona décadas de abandono administrativo y degradación minera

La controvertida regeneración del complejo extractivo situado entre los Ayuntamientos de Carballo y Malpica de…

1 día hace

Portugal demuestra que la extrema derecha no es inevitable

La victoria de António José Seguro frente a André Ventura confirma que la unidad democrática…

6 días hace

NACIONAL | ¿Pero qué propone Rufián exactamente?

Una idea difusa que sacude a la izquierda confederal, choca con las siglas y deja…

6 días hace

El ICE irrumpe en los Juegos Olímpicos de Invierno: deporte, poder y propaganda

La policía migratoria de Trump desembarca en Milán como gesto de fuerza geopolítica mientras el…

6 días hace

NACIONAL | Este es el peaje de Vox

Qué significan realmente sus exigencias para gobernar Aragón Vox no está pidiendo sillones. Está exigiendo…

6 días hace

El gran chantaje

Ghislaine Maxwell usa el silencio como moneda de cambio mientras el poder político estadounidense se…

6 días hace