O vicevoceiro de En Marea e portavoz nacional de Anova ven de constatar que en moitos casos os aeroxeradores dos proxectos «Serra das Penas» e «Paradela» están situados a escasa distancia das vivendas e das explotacións gandeiras.

O deputado visitou este luns as obras dos novos parques eólicos de Enel Green Power España, filial de Endesa, denunciando a permisividade do PP no Goberno da Xunta ao poñer nas mans das grandes empresas o negocio eólico «pasando por riba do interés xeral».

Os dous parques eólicos de paradela suman 27 eroxeradores cunha potencia de 54 megawatios, que a xuizo do vicevoceiro do grupo parlamentario «deixarán un impacto enorme na xente que vive da gandeiría e do turismo, que a cambio só percibirán migallas económicas«.

Para Sanchez, que comprobou in situ os traballos de instalación dos aeroxeradores a escasa distancia dos núcleos rurais do concello «este tipo de proxectos só favorecen o negocio privado das eléctricas e un modelo de desenvolmentento sen respecto pola xente, polo patrimonio e pola paisaxe«.
O deputado considera que a instalación dos novos parques eólicos en Paradela é unha nova mostra dos efectos negativos da Lei 5/2017, máis coñecida como Ley de Depredación, que permite a redución de trámites administrativos en beneficio das grandes eléctricas pero que sen embargo supoñen un prexuizo evidente para a cidadanía afectada. Sánchez considera que «o eólico debería ser unha base para o desenvolvimento das comunidades rurais a través do retorno social» pero que sen embargo as políticas do Goberno de Alberto Núñez Feijóo favoreceron que este sector sexa «para unhas poucas empresas de fóra de Galiza sen ter en conta as consecuencias a nivel paisaxístico, patrimonial e medioambiental».