O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas e portavoz nacional de Anova leva á Deputación Permanente do Parlamento galego un novo plan de xestión pública das residencias e centros de atención á dependencia privatizadas polo Partido Popular.

Para Antón Sánchez é necesaria unha política fiscal «que deixe de beneficiar ás grandes fortunas do país» / Parlamento de Galicia

Para Sánchez «demostrouse que poñer o negocio por riba da saúde custa vidas» e que «os datos non enganan», insistindo na necesidade mudar a política fiscal do Goberno de Alberto Núñez Feijóo co obxectivo de «acadar recursos para realizar políticas públicas», algo que, ao seu xuizo, permitiría tamén «un reforzamento da sanidade pública en Galicia» apostando pola redución paulatina dos convenios con entidades da sanidade privada e rematando coa precariedade que sofren as traballadoras e traballadores do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). “Precisamos uns orzamentos adaptados a esta nova realidade e una política fiscal que deixe de beneficiar ás grades fortunas do país”, -subliñou o voceiro da coalición-.

POLÍTICA DE VIVENDA

Sánchez tamén se referiu á política de Feijóo en materia de vivenda, en relación á carta enviada pola Xunta ao Goberno central reclamando que non se impidan os desafiuzamentos durante a crise para permitir que o mercado inmobiliario non se arrefríe.

“Non nos fai falta ningunha carta para saber que a súa preocupación nas políticas de vivenda son os que especulan con ela. Nos peores anos dende o estoupido da burbulla inmobiliaria O Partido Popular abandonou a miles de persoas que precisaban políticas públicas para ter un teito», unha «actitude que corrobórase agora, tamén nesta crise» -denuncio o deputado-.

Así mesmo, criticou a «demagoxia» do Goberno Feijóo, que «nin sequera exonerou do pago das vivendas de titularidade do Instituto Galego de Vivenda e Solo ás persoas que perderon os seus ingresos» e cuestionou «a insuficiencia de financiamento do Plan Estatal de Vivenda».

Neste momento a Xunta de Galicia vai recibir 5,7 millóns de euros do Estado destinados a axudas para o aluguer. “Seguramente sexa unha cantidade insuficiente para as necesidades que temos neste momento de emerxencia social, pero é o triplo do orzamentado polo goberno de Núñez Feijóo para un plan vixente 2018-2021”, lembrou Sánchez.

DEJA UNA RESPUESTA