O portavoz nacional de Anova Antón Sánchez advertira xa en 2019 que as afeccións provocadas pola implantación de aeroxeradores na contorna sen ter en conta a protección paisaxística e os prexuizos á poboación poderían ter consecuencias indesexadas diante do comité de valoración da UNESCO.

Parque eólico de Endesa nas inmediacións da Ribeira Sacra / Archivo

Sánchez alertou entón que a incapacidade do Goberno Feijóo para presentar «argumentos convincentes» para xustificar o Valor Universal Excepcional ou VUE podería derivar no fracaso da candidatura desenvolvida durante os últimos anos dende o Goberno galego, preguntándose asemade «como é posible defender o valor da Ribeira Sacra por parte da Xunta autorizando o deterioro significativo das súas paisaxes e impoñendo aeroxeradores a uns centros de metros das vivendas máis próximas».

Antón Sánchez, portavoz nacional de Anova, visitando a zona afectada polos parques eólicos en 2019 / Anova

No seu contundente informe, ao que tivo acceso contrainformacion.es, o departamento da UNESCO encargado de xestionar as candidaturas, o ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios) indica que a presenza de «parques eólicos intrusivos» é un factor que xunto con encoros, minas a ceo aberto e a deficiente xestión forestal é determinante para non recomendar a inscrición da Ribeira Sacra na lista de Patrimonio Mundial.

O organismo engade que aínda que o expediente aportado «describe a paisaxe como continua», non é doado recoñecer «os elementos de infraestrutura a gran escala do período moderno como contribuíntes ou relacionados co Valor Universal Excepcional proposto da propiedade nominada».

Ademáis, para o ICOMOS, «o impacto das turbinas eólicas» presentes na Ribeira Sacra e a reforestación de zonas queimadas con especies non autóctonas constituidas en grandes masas forestais, supoñen «auténticas pantallas visuais» que impiden apreciar a unión e singularidade da paisaxe.

ACTUACIÓN «ESTELAR» DO CONSELLEIRO ROMÁN RODRÍGUEZ

Por difícil que poida parecer logo deste rotundo fracaso, Román Rodríguez González, actual conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, ven de manifestar públicamente sobre o intento que «non podemos estar máis orgullosos do traballo feito e dos grandes fitos que conseguimos nun tempo record«.

O conselleiro de Cultura Román Rodríguez mostrouse orgulloso do traballo desenvolvido dende o Goberno galego na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade / xunta.gal

DEJA UNA RESPUESTA