Entidades da Costa da Morte critican a permisividade co alcalde de Cabana de Bergantiños do deputado provincial de Patrimonio Xosé Luis Penas (BNG), que mesmo chegou a autorizar actividades de circo na área de protección de monumento no verán de 2021.
A Asociación Salvemos Cabana, entre cuxos obxectivos está a defensa dos bens culturais, recorda que ademáis nos últimos anos realizáronse autorizadas pola Deputación coruñesa actividades como venta de cestos, exposicións de calceta ou xornadas gastronómicas convertendo o centro arqueolóxico nunha sorte de “salón parroquial multiusos” que nada ten que ver co seu carácter arquelóxico.
Por este motivo a asociación, entre cuxos obxectivos está a defensa patrimonial, apoia a proposta presentada no Parlamento de Galicia en 2016 polo deputado Xabier Ron, que pedíalle á Xunta facerse cargo do monumento co fin de evitar o deterioro da súa imaxe e a descontextualización.
No seu día e ante o descontrol existente e os desperfectos sufridos na réplica ou neodolmen, cuxa costosa reparación pagouse con fondos públicos, o entón deputado Xabier Ron reclamara na Cámara galega que a titularidade e xestión do monumento pasase a mans da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta para protexelo dunha xestión deficiente ante as numerosas evidencias de que os convenios establecidos entre o consistorio e a Deputación Provincial non eran “os máis adecuados” para este Ben de Interese Cultural e alertando de maneira textual que “todo apunta a que o Concello de Cabana non xestionou ben o centro e da forma máis respetuosa co patrimonio cultural”.
UN CENTRO ARQUEOLÓXICO DA PREHISTORIA CONVERTIDO DE MANEIRA PERMANENTE EN AUDITORIO
Salvemos Cabana e outras asociacións da Costa da Morte veñen recordando estes últimos anos que a día de hoxe “un número significativo” das actividades que se realizan no Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate “nada teñen que ver co téórico obsectivo para o que se creou”, razón pola que unha instalación arqueolóxica “que debería ser de referencia” viuse convertida “de maneira casi permanente” en “sala de concertos e/ou exposicións” en tanto que o auditorio municipal e a Casa da Cultura de Cabana de Bergantiños “permanecen inoperativos”.
Doutra banda, tal e como se denunciou en 2020, para os colectivos existe unha notable preocupación polas consecuencias que a realización de concertos no pavillón do dolmen pode ter sobre as pinturas de época neolítica que alberga o nonumento, que entidades como Salvemos Cabana califican como “moi sensibles aos cambios ambientais”, reclamando que a súa conservación sexa unha prioridade para o ente provincial “alén do descontrol turístico e mediático fomentado polo alcalde de Cabana José Muíño Domínguez (PP) nos últimos anos”.
INCOMPATIBILIDADE CO CONVENIO EUROPEO PARA A PROTECCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO
Salvemos Cabana ven recordando que moitas das actividades desenvolvidas no Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate dende o ano 2015 “son incompatibles co espíritu do Convenio Europeo para a Protección do Patrimonio Arqueolóxico”, que desenvolvido en Malta en 1992 e ratificado polo Goberno español en 2011, recoñece que o patrimonio arqueolóxico europeo, como verdadeira “testemuña da historia antiga” está “gravemente amenazado de deterioro”, razón pola que os Estados deben protexelo de maneira eficaz “en tanto que fonte de memoria colectiva europea e como instrumento de estudio histórico e científico”, algo que debe quedar reflectido nas políticas de desenvolvemento cultural velando porque a apertura ao público deste tipo de lugares “non afecte negativamente ao carácter arqueolóxico e científico de tales emplazamentos e a súa contorna”.