Categorías: Galiza

O escándalo das portas xiratorias da ex-conselleira Beatriz Mato coa enerxética Greenalia chega á Cámara galega

O voceiro parlamentario do Grupo Común da Esquerda Antón Sánchez levará a Deputación Permanente do Parlamento de Galicia a esixencia de aclaración sobre si a anterior responsable da Consellería de Medio Ambiente no período 2015-2018 ten incurrido ou non na vulneración da Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno logo da súa incorporación á compañía como directora de Desenvolvemento Corporativo. 

O Grupo Común da Esquerda considera que debe aclararse canto antes a situación de Beatriz Mato ante o posible incumprimento da lexislación en materia de incompatibilidades / xunta.gal

Nunha pregunta asinada tamén polas deputadas Ánxeles Cuña, Carmen Santos, Luca Chao e Marcos Cal recordase que este asunto xa foi destacado por moitos xornais galegos coma «un novo caso de porta xiratoria» tendo en conta as actuacións realizadas na etapa de Beatriz Mato coa citada empresa cando exercía o cargo de conselleira de Medio Ambiente, pois nese período a Xunta autorizou cinco parques eólicos a distintas filiais de Greenalia, concedéndolle asemade 795.000 euros en subvencións e 1.000.000 de euros en préstamos a diferentes sociedades do grupo. 

PROXECTO DE BIOMASA EN TEIXEIRO-CURTIS 

Ademáis -indica o documento-, deuse a autorización de construción dunha planta de biomasa de 50MW na área de Teixeiro-Curtis, pasando «dunha situación de ilegalidade á autorización nun breve período de tempo». Este proceso iniciouse en xaneiro de 2016 cando a empresa enerxética Renova Generación S.L. -antiga denominación de Greenalia- foi adxudicataria de 50 MW en biomasa na poxa anual de renovables. En outubro dese mesmo ano, a compañía presentou ante o goberno galego un proxecto para construir en Curtis unha planta de xeración eléctrica a partir de biomasa de 50 MW aínda cando o límite de potencia deste tipo de plantas é de 10 MW, segundo establece o Decreto 148/2008. Sen embargo, e aínda que o proxecto superaba o máximo establecido, dende a consellería dirixida naquel momento por Beatriz Mato, permitíuse o inicio da súa tramitación e tan só dous meses despois, o Partido Popular derrogou esta norma a través da «Lei de acompañamento» dos orzamentos de 2017, liberalizando de facto a potencia das plantas de biomasa. 

Nese mesmo ano, Greenalia presentou un proxecto semellante coas mesmas características (50 MW) e ubicación (Curtis-Teixeiro) e finalmente, en agosto de 2017 a Xunta de Galicia autorizou a planta, «pasando da ilegalidade á autorización en tan só oito meses» -denuncian dende o Grupo Común da Esquerda-.

PROXECTOS EÓLICOS 

No plano eólico, dende a formación recordase que entre os proxectos que Greenalia Wind Power S.L.U. ten en diferentes fases de tramitación está o parque eólico «O Cerqueiral», entre os concellos coruñeses de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Santa Comba, xunto cos parques veciños de «Campelo», «Bustelo» e «Monte Toural», que en realidade son o despece dunha única instalación que a Xunta está a tramitar de maneira separada, afectando á unha área de alto valor ecolóxico con presenza de especies endémicas únicas a nivel mundial e alertan de que puido existir a posible utilización de información privilexiada ao engadir a enerxética na memoria dous planos de xestión de varias especies ameazadas que nin tan sequera foron aprobados pola Goberno galego nin publicados no Diario Oficial de Galicia (DOG). 

NORMATIVA DE INCOMPATIBILIDADES

Finalmente, dende o Grupo Común da Esquerda recórdase que a lexislación é clara no referente ás incompatibilidades, e que a Lei 1/2016, de transparencia e bo goberno, inclúe no seu artigo 45.4 a obriga de ex-altos cargos como Beatriz Mato a obligatoriedade de presentar unha declaración de actividades diante da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, da que a día de hoxe non se coñece presentación algunha. Por este motivo, reclaman con urxencia que a Xunta aclare si se produciu ou non este feito.

UNHA LEXISLACIÓN FEITA A MEDIDA

Para o deputado e portavoz nacional de Anova Antón Sánchez, o Goberno de Feijóo está a facer unha lexislación a medida das grandes eléctricas, fondos voitre, bancos ou construtoras que están detrás dos proxectos eólicos e enerxéticos, allanándolles o camiño e pisoteando os dereitos da xente do rural co único obxectivo de facer negocio. 

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Maestra Meloni

El manual de mascaradas y mentiras que la extrema derecha quiere copiar EL LABORATORIO POSFASCISTA…

6 días hace

NACIONAL | Huelga contra Ayuso: universidad en lucha

Una comunidad académica agotada planta cara al desmantelamiento lento, metódico y perfectamente calculado LA UNIVERSIDAD…

6 días hace

NACIONAL | Juan Carlos I pide perdón desde el desierto: memoria selectiva, impunidad heredada

El emérito reaparece en la televisión francesa para blanquear medio siglo de privilegios y cerrar,…

6 días hace

Alemania vuelve a armar a Israel

El Gobierno alemán habla de estabilizar Gaza mientras alimenta la maquinaria que la destruye. LA…

6 días hace

NACIONAL | ‘Anotop’ y el derrumbe de un liderazgo de Feijóo que nunca despegó

Cuando un lapsus deja al desnudo no solo a un político, sino a un proyecto…

6 días hace

Perdonavidas Trump

Cuando Trump dice salvar vidas, tiemblan los pueblos que ya han probado su idea de…

6 días hace