Categorías: Galiza

O Goberno de Feijóo debe tomar nota das últimas sentenzas sobre parques eólicos para evitar a xudicialización do conflito, advirte Anova

A formación política reclámalle ao Executivo da Xunta a inmediata paralización da carreira de implantación masiva de aeroxeradores en tanto non se conte cun novo marco normativo que garanta un desenvolvemento democrático, racional, sostible e con retorno social.

Anova reclama un desenvolvemento racional e sostible da enerxía eólica no territorio galego / Creative Commons

Se seguen adiante coas tramitacións que reiteran os vicios que atoparon os tribunais no parque de Sasdónigas e o Oribio multiplicaranse as frontes xudiciais, nas que estaremos si non queda outro remedio”, declarou o portavoz nacional de Anova Antón Sánchez.

SENTENZAS XURÍDICAS QUE MARCAN PRECEDENTE

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula a autorización do Parque Eólico Sasdónigas, en Mondoñedo, senta un importante precedente para o actual desenvolvemento eólico en Galiza.

De feito, para Anova, ten gran trascendencia xa que ven a confirmar pola vía xudicial as denuncias que os colectivos en defensa do territorio veñen facendo dende hai tempo: a fragmentación artificial dos proxectos eólicos, que aínda que é unha práctica xeralizada e permitida pola Xunta impide, como di o auto, levar a cabo unha correcta avaliación ambiental que teña en conta os efectos sinérxicos e acumulativos do conxunto. Unha sentenza do TSXG, ademáis, que xa viña precedida doutras ditadas polo Tribunal Supremo que anulaban autorizacións por este mesmo motivo.

Por iso a formación reitera a esixencia á Xunta de Galicia sobre a paralización «da tola carreira de implantación masiva de proxectos eólicos» mentres non se conte cun novo marco normativo «que garanta un desenvolvemento democratizado, con retorno social, a favor das maiorías e que defina un modelo racional, sostible e respectuoso co patrimonio, paisaxe e medio ambiente».

Segundo Anova, o Goberno de Alberto Núñez Feijóo «segue empeñado en traballar para un conglomerado de bancos, fondos voitre, eléctricas e construtoras obviando este varapau xudicial despois do corretivo aplicado ao seu Executivo no parque eólico da Serra do Oribio».

«A realidade é que de seguir por este camiño desatará non só a contestación social que xa existe a nivel galego nas comarcas afectadas, senón que está a abrir ás portas a unha serie de novos frontes xudiciais que significarán o despilfarro de recursos públicos a sabendas» -manifesta neste senso Antón Sánchez-

Na comarca de Ordes e na Costa da Morte, asociacións e plataformas veciñais veñen advertindo esta mesma práctica de fragmentación artificial que sinala o TSXG en Sasdónigas en concellos coma Ordes, Mesía, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Santa Comba, etc. Sen embargo, para Anova «a Xunta de Galicia está a tempo de paralizar esta fraudulenta tramitación antes de que a veciñanza plante cara nos xulgados a unha Administración galega que non está a traballar para o interés xeral«.

UTILIZACIÓN ESPURIA DOS FONDOS EUROPEOS

Na mesma liña, Anova demanda igualmente que o Goberno galego non utilice os fondos europeos de reconstrución «para encher os petos do oligopolio a costa de pasar por riba da xente, da legalidade e dos valores do territorio», e faga públicos dunha vez por todas cales son os seus plans futuros de desenvolvemento eólico, algo que neste momento está a esconder dun xeito vergoñento e á marxe da poboación.

Para Antón Sánchez: «O saqueo do territorio non pode estar patrocinado con diñeiro público como pretende Feijóo, amparado en prácticas coniventes coas grandes empresas e cunha lexislación obsoleta, xa que a última modificación do Plan Sectorial Eólico desenvolveuse no 2002«.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Una investigación expone cómo Trump usará todos sus recursos para manipular los resultados de las elecciones

Una investigación revela presiones federales, acceso a datos sensibles y sospechas de exclusión masiva de…

1 semana hace

Guerra civil: Silicon Valley se rompe por la IA militar mientras el Pentágono aprieta el acelerador

Ingenieros, directivos y empresas chocan por los límites éticos de una tecnología que ya marca…

1 semana hace

NACIONAL | Alaska, Eurovisión y propaganda: por qué España ha hecho lo correcto al marcharse

No es un festival de música cuando se normaliza la guerra: es un escaparate blanqueado…

1 semana hace

NACIONAL | ¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica su futuro judicial

¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica…

1 semana hace

España exige a Israel la liberación inmediata del activista hispano-palestino Saif Abukeshek

La detención del activista en aguas internacionales convierte la ayuda humanitaria a Gaza en un…

1 semana hace

NACIONAL | Pujol: la justicia que llega tarde y se va antes

Doce años de investigación terminan sin juicio y con demasiadas preguntas sin responder Ni absolución…

1 semana hace