As deputadas Julia Torregrosa e Luca Chao mantiveron unha xuntanza este vernes con representantes do colectivo sarriá para coñecer en detalle a problemática xerada pola acual situación do colexio.
Logo dunha morea de reunións a nivel local e tras semanas dunha intensa actividade informativa para divulgar o acontecido dende o inicio do curso escolar, a Plataforma en Defensa do Ceip Frei Luís de Granada recibiu respaldo directo dende o Grupo Común da Esquerda, que mostrou a súa solidariedade coas familias afectadas pola situación do centro educativo, esixindo asemade unha pronta solución ás autoridades da Xunta.
Tal como describiu nas súas redes sociais, para a deputada Julia Torregrosa a situación do colexio continúa a ser, tras meses de denuncia das familias “unha sucesión de irresponsabilidade, mala xestión e falta de acción” por parte da Consellería de Educación, con “informes técnicos contradictorios, desfeitas e maquillaxe dunha estrutura escolar que supón un risco para o alumnado”. Para a representante do GCE “a Xunta ten que deixar ás políticas de esconder a realidade e dar solucións porque o principal para manter vivo o rural é non abandoalo e manter uns servizos públicos de calidade”.
Para a deputada Luca Chao, pola súa banda, a situación proposta pola dende o traslado ao edificio da Escola Fogar “non é aceptable” para o alumnado, nunha actuación dende a Consellería de Educación que pode considerarse de “neglixente” logo de coñecerse que os problemas de accesibilidade, ventilación e humidade presentes nas aulas.
A Plataforma en Defensa do CEIP Frei Luís de Granada, que anda a preparar unha gran manifestación de protesta para este mes de marzo, ven de solicitar ao Concello de Sarria un pleno extraordinario no que se trate en profundidade a situación do centro escolar. Claudio Garrido, alcalde de Sarria, xa manifestou recentemente neste senso que o equipo de Goberno esperará a recibir toda a documentación solicitada á Xunta para estudiala a fondo antes de poñela en común cos demáis grupos do consistorio.