As deputadas Julia Torregrosa e Luca Chao mantiveron unha xuntanza este vernes con representantes do colectivo sarriá para coñecer en detalle a problemática xerada pola acual situación do colexio.
Logo dunha morea de reunións a nivel local e tras semanas dunha intensa actividade informativa para divulgar o acontecido dende o inicio do curso escolar, a Plataforma en Defensa do Ceip Frei Luís de Granada recibiu respaldo directo dende o Grupo Común da Esquerda, que mostrou a súa solidariedade coas familias afectadas pola situación do centro educativo, esixindo asemade unha pronta solución ás autoridades da Xunta.
Tal como describiu nas súas redes sociais, para a deputada Julia Torregrosa a situación do colexio continúa a ser, tras meses de denuncia das familias «unha sucesión de irresponsabilidade, mala xestión e falta de acción» por parte da Consellería de Educación, con «informes técnicos contradictorios, desfeitas e maquillaxe dunha estrutura escolar que supón un risco para o alumnado». Para a representante do GCE «a Xunta ten que deixar ás políticas de esconder a realidade e dar solucións porque o principal para manter vivo o rural é non abandoalo e manter uns servizos públicos de calidade».
Para a deputada Luca Chao, pola súa banda, a situación proposta pola dende o traslado ao edificio da Escola Fogar «non é aceptable» para o alumnado, nunha actuación dende a Consellería de Educación que pode considerarse de «neglixente» logo de coñecerse que os problemas de accesibilidade, ventilación e humidade presentes nas aulas.
A Plataforma en Defensa do CEIP Frei Luís de Granada, que anda a preparar unha gran manifestación de protesta para este mes de marzo, ven de solicitar ao Concello de Sarria un pleno extraordinario no que se trate en profundidade a situación do centro escolar. Claudio Garrido, alcalde de Sarria, xa manifestou recentemente neste senso que o equipo de Goberno esperará a recibir toda a documentación solicitada á Xunta para estudiala a fondo antes de poñela en común cos demáis grupos do consistorio.
Vivir con deudas puede convertirse en una carga emocional y económica difícil de sobrellevar. Muchas…
Una revolución silenciosa que empezó con las mujeres y desmontó el mito de la productividad…
Cuando el mar hierve, los pueblos se hunden. Casi un millón de personas evacuadas, 220…
La investigación judicial estrecha el cerco sobre el expresident mientras el relato de una comida,…
Cuando el sistema falla, el poder busca culpables. Y casi siempre, los que curan acaban…
El capitalismo estadounidense no exporta democracia, sino muerte, hambre y obediencia EL IMPERIO QUE NUNCA…