Categorías: Uncategorized

O hospital de Ourense, en situación límite pola falta de medios por parte da Xunta para facerlle fronte ao Covid-19

A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), así como a Comisión Delegada de Verín e a Comisión de Centro de Atención Primaria da Área de Ourense, Verín e o Barco fan un chamamento urxente ás administracións competentes a garantir a «máxima protección» dos traballadores e traballadoras da sanidade ante os efectos da pandemia do coronavirus.

A través dun comunicado feito público a través da páxina de Facebook da Comisión de Centro do CHUO insisten en que a incidencia do COVID-19 está a facer moi difícil o labor de todos os días» e o máis frustrante é «a falta de medios» nesta instalación pública, directamente dependente do Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade. «Non temos mascarillas, nin batas, nin gafas suficientes, incluso carecemos de fonendos ou pulsioximetros, tamén carecemos de respiradores, monitores ou material de coidados intensivos suficiente para sentirnos seguros» -manifestan-.

Segundo recoñecen, aínda que toda a poboación está a colaborar activamente e de «maneira exemplar», é sen embargo o pesonal sanitario «o que de maneira directa» está a enfrontarse coa pandemia nunha situación na que o risco é permanente polo que esixen protección por parte da autoridade administrativa.

Mentres tanto -denuncian- «o número de sanitarios infectados crece a un ritmo máis que preocupante», pois si o domingo 22 de marzo houbo 29 positivos por coronavirus no recinto hospitalario, a día 27 xa son 63, razón pola que urxe «protección, seguridade e material» e a realización dos correspondentes test para coñecer de xeito fiable o número de persoas da plantilla afectadas e, «de non ser así» -requiren-, «que se nos xustifique o motivo polos que non se nos realizan as probas pertinentes» nun contexto no que «a escaseza non vale de xustificación».

«Pedimos o apoio de todo o mundo, a comprensión da poboación, agradecemos os aplausos, pero esiximos das autoridades que nos protexan» -manifestan-. Porque «a este ritmo, en poucos días a poboación vai quedar sen coidadores que cuide».

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

3 meses hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

3 meses hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

3 meses hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

3 meses hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

3 meses hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

3 meses hace