Por Victoria Portas
Relacións Laborais. Experta en Seguridade Social
O Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM) foi implantado o 1 de xullo do 2004, sustituindo o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) como límite para conceder determinadas axudas e subsidios en función dos ingresos. E corresponde a súa actualización ao Ministerio de Hacienda a principios de cada ano coa Lei de Orzamentos.
En aquel momento implantouse coa escusa de que desvincular o IPREM das prestacións estrictamente laborais axudaría a que o SMI evolucionaría máis acorde co seu proposito de garantir a existencia dun salario mínimo suficiente e que dito IPREM actualizaríase para non supoñer una pérda de poder adquisitivo.
Pero a finalidade real foi outra, a introducción do IPREM non supuxo máis que o reparto da miseria de mans do capitalismo, o seu crecemento anual está moi por baixo da do SMI, xa que leva prácticamente conxelado dende o ano 2010, e incluso as súas revalorizacións desde a súa creación foron inferiores a inflacción en contra do mandato do artígo 2 do Real Decreto Lei 3/2004, de 25 de xuño(1), o que conleva que todas aquelas prestacións, axudas e ligadas a dito índice vense enormente afectadas negativamente.
Estamos ante unha fenda e empobrecemento da clase media que debemos meditar, xa que desde o 2004 o IPREM revalorizouse un total dun 17.8% (de 460.05 €/mes a 537,84 €/mes actuais) mentras que a revalorización do SMI xa é dun 83.4% ( de 490.8 €/mes a 900 €/mes) e a inflación en ese tramo vai en alza nun 27,5%. (2)(referenciar a taboa adxunta).
O 80% de prestacións e axudas as que intentamos acceder como clase traballadora ao longo da nosa vida, van vinculadas a dito índice, podemos falar de vivenda de Protección Pública, vivenda privada protexida, axudas ao aluguer, becas de estudo, formación, formación online, acceso a Garderías, a colexios, a universidades, cálculo das rendas mínimas para os subsidios por desemprego, a cuantía da Renta Activa de Inserción (RAI), a Renda Mínima de Inserción (RMI),as rendas agrarias do SEASS, o subsidio non contributivo por maternidade, as indemnizacións por pérda ou paralización no transporte de mercadorias nacionais, os ingresos máximos para acceder a asistencia xurídica gratuita…etc
Que dito índice atópase semiconxelado e o SMI coa inflación sigan evolucionando xa permite no 2019 visualizar que so resultan beneficiarias de ditas axudas as persoas que se atompan sumidas na absoluta pobreza, e donde moitas familias non poderán ter acceso a ditas axudas por sobrepasar ditos límites en céntimos, impidíndolles un principio fundamental que a Constitución nos otorga, que é a Igualdade no acceso a educación, a vivenda, a unha vida digna.
Si como clase traballadora queremos acceder a unha educación igualitaria, integradora e para todas e todos, si desexamos manter un Estado de Benestar con igualdade de oportunidades, si a Constitución defende o dereito a ter unha vivenda digna e vivir con dignidade, debemos demandar a desaparición de dito índice de pobreza e que todas as prestacións sexan referenciadas ao SMI, non se pode conter a Clase traballadora tras un muro invisible pero tan letal como un de formigón.
O noso muro é o IPREM, tumbémolo.
2. Evolución do SMI e o IPREM
ANO |
IPREM mes |
IPREM anual(12 pagas) |
IncrementoIPREM |
Variación IPC |
IncrementoSMI |
2004 |
460,50€ |
5.526,00€ |
2,1% |
3,2% |
8,8% |
2005 |
469,80€ |
5.637,60€ |
2,0% |
3,7% |
4,5% |
2006 |
479,10€ |
5.749,20€ |
2,0% |
2,7% |
5,4% |
2007 |
499,20€ |
5.990,40€ |
4,2% |
4,2% |
5,5% |
2008 |
516,90€ |
6.202,80€ |
3,5% |
1,4% |
5,2% |
2009 |
527,24€ |
6.326,86€ |
2,0% |
0,8% |
4,0% |
2010 |
532,51€ |
6.390,13€ |
1,0% |
3,0% |
1,5% |
2011 |
532,51€ |
6.390,13€ |
0,0% |
2,4% |
1,3% |
2012 |
532,51€ |
6.390,13€ |
0,0% |
2,9% |
0,0% |
2013 |
532,51€ |
6.390,13€ |
0,0% |
0,3% |
0,6% |
2014 |
532,51€ |
6.390,13€ |
0,0% |
-1,0% |
0,0% |
2015 |
532,51€ |
6.390,13€ |
0,0% |
0,0% |
0,5% |
2016 |
532,51€ |
6.390,13€ |
0,0% |
1,6% |
1,0% |
2017* |
537.84€ |
6.454,03€ |
1,0% |
1,1% |
8,0% |
2018** |
537,84€ |
6.454,03€ |
0,0% |
1,2% |
4,0% |
2019** |
537,84€ |
6.454,03€ |
0,0% |
22,3% |
*O índice correspondente ao 2017 só se aplicou dende a aprobación dos orzamentos, o 29 de xuño de 2017, estando prorrogado o do 2016 ata ese momento.
**Nos anos 2018 e 2019 a revalorización do IPREM mantuvose conxelada por non existir a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado.