Sanidade, vivenda e loita contra os lumes concentran a maior parte das críticas, amosando unha realidade totalmente contraria á da que tanto presume o goberno de da Xunta de Galicia.

Dcocumento coas coincidencias na axenda de En Marea e no Informe da Valedora do Pobo 2018.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado, Davide Rodríguez revelaron esta mañá as coincidencias que o informe da Valedora do Pobo “nada sospeitosa de ser mareante” ten co discurso político da súa formación ao longo desta lexislatura. Moitas das cuestións que aparecen no informe son parte importante do discurso e da axenda política da formación, tal e como recoñeceu Luís Villares: “Houbo unha serie de cuestións que nós denunciamos, ás que propuxemos alternativas e que sistematicamente foron censuradas polo Partido Popular dicindo que caiamos nun alarmismo inxustificado”.

O feito de que o informe se fixese baixo o mandato da valedora cesante, Milagros Otero, evidencia que non se trata dun ataque político ao goberno senón dunha realidade que debería facer reflexionar aos representantes políticos galegos, en especial aos que ostentan o goberno, para poder atopar solucións efectivas que melloren as condicións de vida da xente. O voceiro amosou a súa preocupación e solicitou a configuración dun “consenso mínimo para reaccionar institucionalmente fronte a determinadas denuncias de problemas sociais que se poñen en evidencia neste informe”.

Na mesma liña foron as palabras de Davide que lembrou as mentiras presentes no discurso de Núñez Feijóo no debate do Estado na nación: “Vimos dun debate de autonomía onde Feijóo vendeunos un discurso falso sobre a importancia que ten o medio para o goberno da Xunta. Neste informe a política ambiental de Feijóo queda totalmente retratada e non deixa de ser máis que pura propaganda”.

O número de queixas recibidas na área de medio ambiente supera as 1245 queixas, aumentando un 7,6% con respecto ás do ano pasado, e configurando case un 17% da totalidade de queixas recibidas pola institución e van desde as queixas pola situación das Minas de Touro, Lousame ou Santa Comba, ata a falta de consideración do eucalipto como especie invasora, pasando pola ocupación de terreos por instalacións industriais ou o incumprimento da Xunta da súa propia normativa en materia de prevención de lumes. “Podemos concluír que está ameazada a biodiversidade pola contaminación da atmósfera, do chan e da auga. O noso medio está en emerxencia” concluíu o deputado.

Let’s block ads! (Why?)