O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas condena a represión sufrida polas pensionistas e xubiladas no Congreso dos Diputados.

MODEPEN apoiará o día 22 de Setembro a quen se achegue a Manifestación de Madrid en defensa das pensións públicas.

0
81

Un gran número de pensionistas e xubiladas concentráronse este mércores para protestar contra o sistema de pensións. Entre os gritos de “somos xubilados, non terroristas“, os presentes avanzaron cara ao Congreso, onde houbo momentos de gran tensión coa Policía Nacional. Logo de organizar varias loitas cos manifestantes, que se amosaron pacíficos en todo momento, os axentes conseguiron deter a marcha a uns cen metros da entrada do Congreso dos Diputados.

 

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN) condea a forza policial e represión sufrida polas pensionistas e xubiladas concentradas enfronte do Congreso dos Diputados.

Facer saber a éste Goberno, que o Colectivo de Pensionistas e Xubilados o único que exerce é o seu dereito a concentración tal e como é marcado por Lei, e sempre de forma pacífica, polo cal se solicita do Delegado de goberno de Madrid as responsabilidades e respostas pertinentes dos motivos que provocaron semellante actuación das Forzas do Orde ante cidadás maiores e pacíficos“, indican dende o movemento.

O colectivo quere chamar a atención do deterioro que está a sufrir o Sistema de Pensións por parte dos distintos gobernos e que deixará en total desprotección a clase traballadora senón se poñen a traballar nas Cortes. “A cidadanía deste país, estase a reunir para ser oída na súa demanda de protección do Sistema Público de Pensións, reclamando que se respete como un Dereito Fundamental que é, e que deixe de ser unha manipulación política electoralista“, suliñan dende MODEPEN.

O colectivo quixo tamén agradecer e recoñecer “a solidariedade por parte de algún diputados da Cámara poñéndose a carón dos concentrados. E advertir a aqueles outros do PP, PSOE, C’s, PDCat…. que ignoraron a actuación dos pensionistas nas portas das Cortes e que lle faltan o respeto as súas demandas dentro da propia Cámara e dentro da propia Comisión do Pacto de Toledo“.

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas apoiará o día 22 de Setembro a quen se achegue a Manifestación de Madrid en defensa das pensións públicas “seguiremos nas rúas de todas as cidades do territorio español o próximo día 1 de Outubro, pois por toda a forza policial que se empregue, loitaremos en defensa da recuperación dos nosos dereitos“, sentenzan dende o colectivo.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Dejar respuesta