Dende a regulación en materia de residencias de maiores na Galiza dos anos 2007 e 2008 (1) e a práctica extendida da súa privatización, o empeoramento paulatino da asistencia social vai en aumento, sen que a Xunta de Galiza leve a cabo nengún tipo de control nas mesmas e sen intención de levar a cabo unha nova regulación, que neste intre é imprescindible e urxente.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda 5 prazas residenciais por cada 100 persoas maiores de 65 anos (5/100) mentras que na Galiza estamos en 3.1/100 prácticamente igual que fai 6 anos ( 2.9/100), mentras que a poboación nesa franxa de idade aumentou en 30.000 persoas máis, polo que demostra que as 1.165 prazas financiadas pola Xunta son de todo menos suficientes. E debido a ter as pensións cuasi mais baixas de todo o territorio español o acceso a residencias privadas se nos anatoxa imposible.
Ademais da insuficiencia das prazas subvencionadas, o grave problema está na privatización do sector dos coidados en mans de fondos voitres , que buscan o seu máximo beneficio sen ter en conta o benestar dos nosos maiores ou dependentes e ante a nula actuación da inspección da Xunta de Galiza.
Actualmente a ratio de traballadores en ditos centros está en 0.35 traballadores de atención directa por cada residente dependente, e de 0.2 por cada residente válido, ratio no cal non só se inclue persoal auxiliar senón a todo o persoal que teña consideración de sanitario ( enfermeiros, fisioterapeutas, médicos, traballadores sociais, psicólogos…etc). ¿ pero esa ratio é suficiente na realidade de cada día?
Pois está claro que non é suficiente, limitándonos a ratio de forma literal, podríamos comparar unha residencia con 50 persoas dependentes e 100 válidas que precisarían según a ratio legal 37.5 traballadores ( ( 0.35×50= 17.5) + ( 0.2×100= 20)), mentras que outra residencia con 100 dependentes e 50 válidas terían que ter 45 traballadores ((0.35×100=35)+ (50×0.2=10)). Como se pode observar a ratio non medra en igual proporción a dependencia das persoas maiores.
Si ademáis intentamos distribuir a eses profesionais nas tres quendas diarias nos 365 días do ano, deberíamos preguntarnos como non existen máis desgrazas en ditas residencias, pois atopámonos con que por un lado nos momentos puntuais ( erguer, deitar, asear, vestir e alimentar…) non se reforza ao persoal, polo que se lles expón a unha sobrecarga de traballo que repercute directamente no trato e na atención aos nosos maiores, e xa non falemos nos turnos de noite onde a maioría das residencias baixan ao seu persoal ata un nivel temerario, que en caso dunha emerxencia ( incendio, evacuación..etc) sería imposible realizar.
Por outra banda, as empresas non están a cubrir baixas, ausencias , vacacións do persoal ou reduccións de xornada por garda legal, o que implica ademáis da sobrecarga do persoal presente a deficiencia na atención sanitaria das persoas residentes pola ausencia do persoal sanitario ( médicas e enfermeiras..) e todo isto ante a cuasi nula inspección por parte da Xunta de Galiza (2)
Si con elo non chegase, podemos engadir que a persoa que ingresa con un grado de dependencia 1 obriga ter a residencia unha ratio determinada de traballadores, pero o aumento de dita dependencia ao longo do tempo non repercute nun aumento de persoal, pero pola contra a empresa que xestiona a residencia si que lle aumenta a dependencia a libre albedrio , e decir, sen ter en conta os certificados de valoración da xunta, pois a mais dependencia mais percibirá de subvención. Aquí atopámonos con grandes contradiccións que incluso desbordan a realizade, a Xunta paga máis polos residentes máis dependentes pero non fai o seguimento nen o control de que se contrate o persoal que cubra dito aumento de dependencia.
A avaricia dos fondos voitre é tal , que non importa recortar en persoal, en atención sanitaria, en alimentación, en coidados con tal de que sexa un negocio rentable, un negocio duns 500 millóns de euros de beneficios anuais, que os nosos gobernantes permiten a consta de situacións que encaixan claramente nos supostos de maltrato por neglixencia e abandono (3).
A base social da man dos profesionais que nos coidan, debemos denunciar o claro maltrato institucional o cal se vé avocada a nosa sociedade na actualidade, maltrato que irá en aumento se non blindamos os coidados como un piar fundamental dun estado de benestar social e sempre dende unha perspectiva de xestión 100% pública.
- Orden do 13 de abril de 2007 pola que se modifica a do 18 de abril de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 243/1995 do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores.
- Introducir modificacións na Lei 13/2008 de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, en especial no referente á función inspectora.
- Declaración de Toronto do 17 de novembro do 2002 para a prevención global do malos tratos ás persoas miaores (OMS).