Luís Villares defendeu que as nosas seleccións e os nosos clubes deixen de participar nestas competicións para non lexitimar o machismo branqueando a países que maltratan as súas mulleres de xeito institucionalizado.

En Marea defendeu unha Proposición Non de Lei no Parlamento Galego para non ser cómplice do machismo e do maltrato institucionalizado dos Estados que negan os dereitos das mulleres. A proposta, que foi aprobada por unanimidade, persegue que o Goberno do Estado rexeite a participación dos nosos clubes e das nosas seleccións nestes eventos e ten un doble obxectivo, por unha banda non lexitimar aos Estados ditatoriais e totalitarios que atentan contra os Dereitos Humanos, nomeadamente contra os das mulleres e, pola outra, denunciar esta realidade invisible para poder transformala de cara a un mundo máis xusto.

O deporte, e especialmente o fútbol, remove as máis profundas emotividades dunha parte importante da sociedade, tradicionalmente dos homes, pero cunha incorporación crecente das mulleres como afeizoadas e tamén como xogadoras, de base e profesionais: “para a sociedade occidental, o fútbol é sinal de normalidade social, algo que as sátrapas de todo o mundo saben” lembrou Luís Villares para  deixar claro que é o festexo de eventos deportivos é unha estratexia dos Estados que practican o patriarcado para tapar os seus abusos: “Estados como Arabia Saudí ou Qatar emprenderon hai tempo unha cruzada para branquear internacionalmente as súas tiranías por medio do deporte, singularmente do fútbol”.

O voceiro de En Marea resaltou a importancia das nosas deportistas na loita contra a violencia machista, como exemplo de superación de barreiras, e tamén da importancia dos seus éxitos deportivos, pois sitúan no mapa unha realidade que ata agora permanecía oculta: “sen ir máis lonxe, a Internacional Verónica Boquete, galega de pro, mereceu o recoñecemento do seu nome no Estado municipal de San Lázaro da capital de Galicia, converténdose nunha das primeiras instalacións destas características en todo o Estado co nome dunha xogadora”.

Villares emprazou as nosas institucións a expulsar ao machismo con decisións políticas como esta: “debemos sacarlle a tarxeta vermella aos que queren comprar o noso silencio con cartos, aos que queren normalizar a súa tiranía co fútbol, aos que torturan, apedrean, encarcelan e asasinan  ás mulleres porque a indiferenza fainos cómplices e agora temos unha oportunidade de ouro para marcarlle un gol ao machismo”.

EXPOSICIÓN DE ARTE E FOTOGRAFÍA

Precisamente con temática deportiva En Marea organiza unha mostra de fotografía e unha exposición artística que resaltan as “heroicidades” das deportistas galegas e internacionais, e a importancia dos seus logros e da súa visibilización na loita pola igualdade.

Esta exposición “A loita Feministra pola Igualdade no Deporte” forma parte das actividades programadas por En Marea de cara ao 25 de novembro e, coordinada por Camino Casabella, contará con pezas fotográficas de Miguel Muñiz e artísticas de Eva do Roxo e da propia Camino Casabella.

A inauguración terá lugar mañá, xoves 21 de novembro, ás 20:00 no Café Literarios da Praza Quintana e permanecerá aberta ata o día 10 de decembro. Nela participarán Camino Casabella, coordinadora da exposición, Merce Barrientos, da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas e Beatriz Gómez, Responsable da Marea Feminista.

Let’s block ads! (Why?)

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario