O Partido Comunista de Galicia Apoia a folga do 19 de Xullo do sector textil-confección

O sector representa o 7% do PIB en Galicia.

0
45

 

O sector textil é un sector con mais de 8000 traballadores/as e que representa o 7% do PIB en Galicia, polo tanto é un sector clave para Galicia e xerador de riqueza, non así de condicións dignas de traballo, pola contra as/os traballadoras/es do sector cobran uns salarios de 827 euros mensuais e teñen unha xornada de 1799 horas ao ano. Non se corresponde en absoluto a riqueza que crea o sector co reparto da mesma entre as/os traballadoras/es.

As reivindicacións que fan as/os traballadoras/es é a implementación do acordo do AENC, que por outra banda a patronal do textil asinou a través da CEOE, no que fala dun salario mínimo de 1400 euros en 14 pagas, xunto coa rebaixa de xornada anual.

O Partido Comunista de Galicia amosa o seu “apoio e solidaridade ás traballadoras e traballadores do sector textil que están en FOLGA este 19 de xullo“.

Esta loita e a disputa da plusvalía, en clave de salario e tempo de traballo, é fundamental para avanzar contra o mundo precario e de escravos/as que está a construir o neoliberalismo coa axuda directa das patronais de sectores como o textil, e que dende as organizacións de clase vamos combatir con todas as nosas forzas“, indican dende o partido.

Chamamos dende aquí a toda a xente afectada polo convenio do textil-confección a que se organice e participe da FOLGA hoxe xoves 19 de xullo“, sentenza.

Dejar respuesta