Categorías: Galiza

O plan de actividades culturais autorizado pola Deputación da Coruña no Dolmen de Dombate dificulta a conservación das súas pinturas

A Asociación Salvemos Cabana alerta de que a falta de control e a laxitude do ente provincial coas intervencións do alcalde de Cabana no monumento está a afectar negativamente á percepción e ao contexto do sitio arqueolóxico. 

A entidade critica que o ciclo de concertos «Música na catedral» esté a celebrarse con público ata finais de agosto no pavillón do dolmen mentres o auditorio da localidade se atopa «completamente valeiro», ademáis de realizarse en plena época de rebrote da pandemia do coronavirus. 

Ao colectivo preocúpalle a afectación negativa que a realización deste tipo de eventos poida ter sobre as pinturas de época neolítica que atesoura o monumento indicando que son «moi sensibles aos cambios ambientais», polo que consideran que a prioridade da Deputación coruñesa debería ser a súa conservación «alén do desmesurado circo turístico e mediático imposto a nivel municipal nos últimos anos».

Pinturas neolíticas no interior do Dolmen de Dombate / Wikimedia Commons

Ademáis, segundo sinalan, diferentes expertos xa alertaron que o recinto no que se atopa o dolmen non é, per se, o máis axeitado para a conservación das pinturas e non deixa de ser «un custoso andamio» de «ineficiente deseño», dado que non permite unha climatización axeitada e provocou que o corte estratigráfico do megalito esté, literalmente, pindado de verde ao ter sido atacado polos fundos e a humidade, razón que fai que sea desaconsellable a realización de actividades con público no pavillón do megalito.

Como xa ven sinalando dende o ano 2015, a asociación aposta porque o Dolmen de Dombate e o seu centro arqueolóxico, dende o punto de vista cultura, teñan dous ámbitos de actuación. O primeiro, a difusión e posta en valor permanente tanto do contexto neolítico que rodea ao monumento como da importancia da súa conservación, algo que a xuizo do colectivo «non parece encaixar en absoluto» cos plantexamientos de José Muíño Domínguez (PP), alcalde de Cabana, «nin é entendido como debería» por parte dos servizos de Patrimonio e Cultura da Deputación, «que seguen a permitir calquera tipo de actividade imaxinable no recinto, teña ou non que ver co seu contexto arqueolóxico». 

Por estes motivos, Salvemos Cabana considera que a mellor solución «tal como agora comeza a asumir a propia Deputación coruñesa e xa se fixo constar en sede parlamentaria no 2016» é que o control do centro arqueolóxico e do seu plan de actividades sexa asumido, en primeira instancia, pola Xunta de Galicia e a continuación paseo a ser xestionado por un equipo profesional «que centre o caracter do monumento ao que debería ser, unha instalación museísica de referencia guiada por criterios arqueolóxicos, tanto nas visitas como no desenvolvemento de eventos».

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Maestra Meloni

El manual de mascaradas y mentiras que la extrema derecha quiere copiar EL LABORATORIO POSFASCISTA…

2 semanas hace

NACIONAL | Huelga contra Ayuso: universidad en lucha

Una comunidad académica agotada planta cara al desmantelamiento lento, metódico y perfectamente calculado LA UNIVERSIDAD…

2 semanas hace

NACIONAL | Juan Carlos I pide perdón desde el desierto: memoria selectiva, impunidad heredada

El emérito reaparece en la televisión francesa para blanquear medio siglo de privilegios y cerrar,…

2 semanas hace

Alemania vuelve a armar a Israel

El Gobierno alemán habla de estabilizar Gaza mientras alimenta la maquinaria que la destruye. LA…

2 semanas hace

NACIONAL | ‘Anotop’ y el derrumbe de un liderazgo de Feijóo que nunca despegó

Cuando un lapsus deja al desnudo no solo a un político, sino a un proyecto…

2 semanas hace

Perdonavidas Trump

Cuando Trump dice salvar vidas, tiemblan los pueblos que ya han probado su idea de…

2 semanas hace