O BNG defendeu no Parlamento unha proposición non de lei para instar á Xunta a desenvolver un Plan plurianual 2019-2022 de dinamización do uso do galego na Administración de Xustiza que teña como obxectivo incrementar a utilización da lingua propia tanto oral, -na relación cos usuarios e usuarias-, como escrita, nas resolucións de notificacións e en xeral nas comunicacións escritas na Administración de Xustiza.

A iniciativa nacionalista, que foi rexeitada polo PP, tamén recollía dotar das necesarias ferramentas tecnolóxicas e programas informáticos de xestión que faciliten o uso do galego como lingua oficial, desenvolver un programa de capacitación lingüística de todo o persoal da administración de xustiza e potenciar os equipos lingüísticos co incremento de medios humanos e materiais.

O deputado por Pontevedra Luís Bará denunciou o “apartheid lingüístico” que soporta o galego, tanto pola “discriminación” que recolle a Constitución española a respecto do castelán como pola normativa antigalega desenvolvida polo PP de Feixóo. “Desenvolveron a fobia contra o galego e a súa campaña sobre a suposta imposición do galego foi o maior ataque contra a lingua en democracia, e fixo moito dano ao noso idioma”, denunciou. Bará demandou á Xunta recuperar e cumprir a Lei de Normalización Lingüística.

No ámbito da Xustiza o uso do galego está en mínimos e, por exemplo, as resolución xudiciais escritas na lingua propia no chega ao 5% do total, non existen programas informáticos que favorezan a súa utilización e os programas de xestión interna do sistema xurídico impiden, na práctica, que os soportes documentais dos procedementos xudiciais se leven a cabo en galego, de forma que as persoas que opten por empregar a lingua do país ven multiplicada a súa carga de traballo.


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

Deja un comentario