Categorías: Galiza

O proxecto asturiano utilizado de exemplo para a mina de Touro acumula denuncias e fortes sancións por numerosas irregularidades ambientais

O colectivo veciñal Cornado Mina Non dennncia que a mina de ouro de El Valle-Boinás, operada por Orovalle Minerals S.L. -filial da canadense Orvana Minerals Corp.- está a ser utilizada como referencia por parte da asociación instrumental creada dende a contorna de Cobre San Rafael: Asociación Plataforma de Traballadores Mineiros Touro-O Pino.

Instalacións da mina de ouro de El Valle-Boinás, no concejo asturiano de Belmonte de Miranda / Cornado Mina Non

Para a veciñanza, chama a atención que esta mina asturiana fose un dos destinos elixidos polo grupo da mineira, xa que «acumula sancións ambientais pola grave contaminación causada na bacia do río Narcea«, o que levou á Fiscalía de Medio Ambiente a actuar en febrero deste ano solicitando unha multa de 20 millóns de euros á mineira polos danos ocasionados ao dominio público hidráulico, algo que leva denunciando dende fai anos a Coordinadora Ecoloxista de Asturias.

Dende Cornado Mina Non reseñan a incongruencia do colectivo da minera ao organizar unha visita guiada a principios do verán co obxectivo de mostrar aos seus «afiliados» á mina de El Valle-Boinás coma o exemplo dunha explotación «comprometida coa sostenibilidade e o medio ambiente», chegando mesmo a incluir imaxes nun video promocional distribuido en redes sociais como ferramenta de propaganda do plan extractivo de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas.

Cornado Mina Non incide en que este mesmo proxecto mineiro xa fora sancionado de maneira contundente no 2014 con 84.000 euros por parte da Confederación Hidrográfica del Cantábrico (CHC) por verter metais pesados e outros elementos perigosos ao río Cauxa, afluente do Narcea » pasando por riba das autorizacións ambientais», sendo novamente multada a mineira ese mesmo ano con 242.920 euros pola CHC por novos vertidos en niveis perigosos para a saúde humana e o medio ambiente, chegando as denuncias contra a compañía mesmo ao Parlamento Europeo.

A plataforma veciñal puido acceder aos expedientes da CHC no que o organismo de augas, textualmente, sinala o grave incumprimento de maneira reiterada dos límites de emisión de vertedura impostos na Autorización Ambiental Integrada (AAI) da explotación outorgada polo Principado de Asturias.

Segundo reflicten no seu comunicado, os escritos do organismo de cunca sinalan que «a meirande parte das sustancias que inumpren as condicións de autorización son sustancias perigosas» tales como arsénico, cobre, zinc, niquel, cianuros, fluoruros e mercurio, e o río Cauxa «non alcanza o bo estado ecolóxico xa que se detecta hbitualmente a presenza de selenio en concentracións que superan a norma de calidade ambiental», unhas circunstancias que «poñen de manifesto que a citada autorización ambiental resulta susceptible de ser revocada tendo en conta a natureza do seu incumprimento».

ACTUACIÓN DA FISCALÍA NA MINA DE «EXEMPLO» PARA TOURO

Ademáis -indican- das dilixencias practicadas pola Fiscalía de Medio Ambiente asturiana, que se veñen de coñecer este ano, deuse a coñecer que o río Cauxa, tributario do Narcea, ven soportando ao seu paso polas instalacións mineiras a emisión de sustancias consideradas como perigosas atribuibles a Kinbauri España S.L. -actualmente baixo a denominación de Orovalle Minerals S.L.- e que nalgúns casos, os niveis de elementos especialmente tóxicos coma o selenio e o arsénico «sobrepasan calquera nivel razoable supoñendo unha ameaza para a saúde humana e o medio ambiente».

Por este motivo, o Ministerio Fiscal solicitou á mineira -que a día de hoxe Cobre San Rafael e o seu colectivo satélite poñen de exemplo- unha multa de 20 millóns de euros por un delito continuado «contra os recursos naturais e o medio ambiente» solicitando asemade unha indemnización ao Estado polos danos causados ao dominio público hidráulico cuantificada en máis de 5 millóns de euros (5.158.548,88), así como o peche da operación mineira por un período de ata cinco anos.

Estas son as circunstancias Cobre San Rafael e a súa asociación instrumental tentan vender o proxecto de reapertura da mina de Touro como «minería sostible», amparándose na «exitosa» evolución dos «traballos» presentados pola mina de ouro de Belmonte de Miranda -expón Cornado Mina Non na súa nota de prensa-.

Doutra banda, este tipo de actuacións da mineira e dos seus seguidores en absoluto sorprende ao colectivo veciñal «cando esta condiciona a entrega de curriculums dos parados que a ela se presentan para inscribilos na citada asociación de traballadores mineiros simulando un apoio social basado na maioría de casos na desesperación dalgunha xente que por conseguir un posto de traballo olvida que as consecuencias para o futuro poden ser tan perniciosas como as presentes, afectando a sectores produtivos básicos coma o agrogandeiro ou o do turismo sostible, en todos os casos incompatibles coa elevada contaminación de ríos e acuíferos de toda a bisbarra provocada pola minería do cobre, a mesma que agora pretende disfrazarse de verde» -remata o colectivo-.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

3 meses hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

3 meses hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

3 meses hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

3 meses hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

3 meses hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

3 meses hace