O parlamentario socialista Julio Torrado ven de esixirlle ao goberno galego que medie entre a concesionaria da Residencia de Maiores de Ribadumia e os traballadores que teñen iniciado un conflito colectivo polas difíciles condicións laborais. Torrado lamentou a negativa do PP a apoiar esta proposta, e censurou o “criterio subastable” dos “populares” na defensa dos dereitos laborais.
Advertiu que a situación laboral está a afectar seriamente á calidade do servizo, cando a falla de persoal provoca que teñan que levantar aos residentes ás 6 da mañá para atendelos e poder cadrar o servizo. Isto sucede porque actualmente hai dúas enfermeiras a xornada completa e outra máis a media xornada cando deberan ser 7 segundo o ratio requirido, e mesmo pola noite hai dúas auxiliares de enfermaría para atender a 152 residentes, tamén dándolles medicación.
Lembroulle ao goberno galego que está a obviar o informe do Consello de Contas que se remonta a 2016, que ten alertado sobre “deficiencias graves en persoal, protocolos ou uso das instalacións”. Criticou que o presidente da Xunta teña aberto “cero prazas públicas e de xestión pública en residencias de maiores”, co que a súa xestión limítase a derivar aos maiores ás concertadas.
CRITERIO SUBASTABLE
Torrado criticou o “criterio subastable” do PP e do goberno galego, que se pon do lado dos traballadores de Alcoa e Ferroatlántica para intentar desgastar ao goberno central pero no caso dunha residencia de competencia autonómica deixan ao persoal “desamparado”. Subliñou que “están demostrando que non lles importa o que, impórtalles o cantos” e a repercusión mediática das protestas.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…