A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, cualificou este mércores de “farsa absoluta” a Lei de Patrimonio Natural do goberno galego, que “só vai servir para ser un número máis na conta de leis” da Xunta. A responsable socialista interveu no debate final desta Lei, que foi aprobada tan só polos votos favorables do PP e co voto en contra dos socialistas galegos.
Vilán acusou ao goberno galego de carecer de “ningún interese polo medio ambiente”, presentando un texto que “nace eivado” e que “non vai resolver os problemas da natureza en Galicia”. Esta norma, que foi aprobada incluíndo tan só 7 das 113 emendas que presentaron os socialistas galegos, substituirá á Lei previa aprobada tamén polo PP hai 18 anos, e que “non cumpriron, non orzamentaron e non desenvolveron”.
Advertiu que o texto renuncia a facer efectivo o dereito a un medio ambiente adecuado, elude centrarse na función social do patrimonio natural e a biodiversidade, evita impulsar a participación, resulta opaca, e dinamita a prevalencia da protección ambiental sobre as normas territoriais, urbanísticas ou sectoriais. Ademais, fracasa na protección dos espazos naturais, como é o caso da Rede Natura 2000, limita a declaración de novos parques naturais ou desprotexe ás Áreas Mariñas.
Vilán apuntou que o texto carece de compromiso económico, rexeitando as propostas dos socialistas para crear un Fondo para a Conservación do Patrimonio Natural de Galicia, dotando a Lei de “orzamento real”. Criticou que o goberno galego teña provocado unha baixada do 30 por cento dende 2008 no orzamento para a defensa do patrimonio natural de Galicia, ademais de deixar sen executar un 12 por cento do orzamento de 2018, un total de 3,6 millóns de euros.
O PP rexeitou no debate da Lei establecer un réxime xeral de axudas para os territorios e as persoas afectadas polas limitacións derivadas desta Lei e promover así o desenvolvemento sostible. Tampouco quixeron lembrar a biodiversidade, negándose a crear un Rexistro Galego de Bancos de Material Biolóxico e Xenético, nin un catálogo galego de especies invasoras, e demostráronse “incapaces de comprometer un prazo para desenvolver a Lei”.
A parlamentaria socialista lamentou a falla de diálogo demostrada polo goberno galego e o PP no proceso de elaboración da Lei, sen aceptar apenas alegacións durante a fase de exposición pública e cun “lamentable proceso de ponencia” na Cámara autonómica. Lembro que o Grupo Socialista viuse obrigado a esixir o debate en Comisión artigo por artigo logo de que o PP reducira o debate en ponencia a penas unha hora de traballo.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…