A portavoz de Facenda e Política Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, vén de presentar unha iniciativa parlamentaria na que lle esixe á Consellería do Medio Rural que explique por que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que depende dela, practicamente só asinou convenios con concellos do PP durante o exercicio de 2018.

A deputada Begoña Rodríguez / PSdeG

Así o establecen, asegura, as resolucións publicadas por Agader o 11 de febreiro, nas que da publicidade aos convenios de colaboración subscritos durante o exercicio de 2018, e que “case a totalidade cos beneficiados teñen un goberno do PP”.

A responsable socialista reclámalle á Consellería que publique en 3 meses o Plan estratéxico de subvencións do departamento, tal e como establece a Lei 9/2007, de 9 de xuño, de subvencións de Galicia, e que faga públicos tamén os criterios de Agader para establecer os ditos convenios. Rodríguez Rumbo quere que Medio Rural explique os obxectivos dos ditos convenios de colaboración e se foron finalmente acadados.

DEJA UNA RESPUESTA