A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, advertiulle eeste mércores ao conselleiro de Cultura que “non terán nada que ver –coa familia Franco-, pero amparar si que os amparan”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento logo da “pereza” amosada pola Xunta para sancionar de novo á familia do ditador por manter pechado “de facto” o Pazo de Meirás ás visitas do público.
A responsable socialista lembrou a obriga legal de realizar visitas a este ben cultural, e acusou á Xunta de aceptar a redución nos horarios de apertura ao público, tal e como figura na web de Turismo do goberno galego. Ademais, explicou, a realidade é que non responden ao teléfono de contacto nin á dirección de correo electrónico que figuran para realizar as visitas, mentres “a Xunta parece que non chamou e reaccionou tarde e só cando transcendeu aos medios”.
Burgo criticou que a Xunta teña actuado “tarde, mal e arrastro”, máxime cando “este verán era máis previsible porque se presentara unha demanda civil polo goberno central para conseguir a devolución da propiedade do Pazo que a familia de Franco usurpa de forma fraudulenta”. Preguntou ademais “que vai pasar coas visitas ao novo BIC das esculturas do Pórtico da Gloria” que como tal tamén teñen a obriga de permitir.
A parlamentaria socialista respondeu ás críticas do conselleiro de Cultura contra a implicación do goberno do PSOE coa Memoria Histórica “cando foi quen levou adiante a Lei, da que o PP non cumpriu un só artigo, e que non actuou en Meirás ata que non o obrigou a presión cidadá”, unha construción declarada BIC precisamente polo goberno da Xunta presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño.
Ademais sinalou que “menos mal que está o PSOE no goberno”, porque o anterior goberno de Rajoy respondera ao informe da Deputación da Coruña sobre a situación de Meirás advertindo que “non había ningunha posibilidade de presentar unha demanda polo Pazo, renunciando a integralo no Patrimonio Nacional”.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…