O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou unha proposición de Lei no Pleno do Parlamento deste martes para afastar ás instalacións perigosas dos núcleos habitados.

Fernández Leiceaga explicou que a proposta socialista pasa por modificar a Lei do Solo para afastar a presenza de instalacións de tratamento de residuos e de pirotecnias nos núcleos habitados e núcleos rurais. Esta distancia mínima será imprescindible, dixo, para protexer á cidadanía dos riscos derivados dos accidentes deste tipo de instalacións, que se teñen rexistrado nos últimos tempos en Galicia.