Victoria Portas


É o momento de enfrontarnos a situación real que estamos a vivir, para así poder atopar saídas baseadas no estado de benestar social.

O noso estilo de vida cambia a pasos axigantados, na actualidade as familias monoparentais son un número moi elevado, os avances médico-sanitarios logran que a esperanza de vida sexa cada vez maior, e os tecnolóxicos que cada vez precisemos menos esforzo físico para levar a cabo determinados traballos. Todos eles avances que aterrizaron demasiado de prisa na nosa sociedade e que os gobernos tildan de  “problemas”, é increíble que un avance da sociedade  sexa un problema para os gobernos de turno, obviamente a súa asignatura pendente.

Quero centrarme na esperaza de vida, que grazas a convinación de diferentes avances aumentou considerablemente, según datos do 2018 sitúouse nos 83,4 anos fronte aos 80 anos de fai unha década, pero isto conleva que o número de persoas dependentes tamén se eleve, sendo xa  1.329.829 persoas recoñecidas con axuda.

Con esta situación vai parella o que si é unha realidade, no 2018 unhas 56.700 persoas abandoaron o mercado laboral por ter que ocuparse dun familiar dependente ou discapacitado,  1.200 son galegos , superando así o medio millón de persoas (595.700) ,  un 10,5% máis con respecto ao 2017 e que en Galicia representou un 29% sendo o 94% mulleres. Ésta decisión non se fai de forma voluntaria, é mais o 55% faino porque o seu soldo non cubre os servizos profesionais adecuados para o cuidado do seu familiar.

O capitalismo leva tempo marcándonos un camiño de individudalismo e consumismo, unha vida onde os maiores xa non teñen mais papel que residual, como significado do estado de benestar social  cando realmente son os principios para dinamitar os cementos do noso pacto social. Dereitos e coidados que se poidan comprar con cartos  mentras o resto da sociedade cairemos na mendicidade de implorar servizos mínimos que só nos permitirán mal vivir.

Que a realidade se ignore por máis tempo non vai implicar nunca atopar unha solución calmada e meditada a situación senón a creación de parches que en todo caso sempre son malas solucións e  a costa dos mais vulnerables.

Xa comezamos a ver como os grandes capitais e lobbing están facendo negocio dos coidados, dos maiores, da dependencia, das discapacidades, da saúde, e soamente unha sociedade que loite eficazmente contra a precariedade e a desigualdade pode facer tremer os cementos do capitalismo máis atroz.

Debemos educar na solidariedade local, para poder reforzar os vínculos sociais, vínculos sociais que poden contribuir  a conseguir fins como que as persoas maiores se sintan útiles na súa contorna, solidariedade de coidados e vivendas compartidas, coidados no fogar, coidados de crianzas, mecanismos de conciliación real , desenrolo dun transporte adecuado para persoas discapacitadas e a maior accesibilidade de todos os servicos públicos.  O noso obxetivo como sociedade non pode ser outro que a de permitir que todas as persoas envellezan donde queiran, rodeadas do seu entorno , médico, social e relacións persoais: a atención domiciliaria ten que ser a política ambiciosa de apoio persoal pola que debemos loitar.

Quero que a miña xente se convirta en actora da súa vida diaria eles deben ser os actores políticos locais, que aposten polo emprendemento social e contra da inicitativa privatizadora do capitalismo. As políticas sociais de coidados deben ser un nicho de postos de traballo e profesionalidade que dé saida a sociedade actual, unha permuta de servizos onde o principio de solidariedade sexa a premisa fundamental.

Pensemos que na actualidade (2018) a paga por coidados familiares non profesionais incrementouse un 6.4% e un 10.3% si o comparamos co 2015, si na actualidade de 1.329.829 prestacións concedidas por dependencia, 408.384 son para os coidadores familiares non profesionais, imaxinarvos que poderían facer todas esas persoas con formación, conseguiríamos revalorizar e profesionalizar os seus coñecementos para o día que decidan voltar o mercado laboral.

Invertir no coidado das persoas e facilitar a conciliación das familias debe ser xa un asunto de Estado. Señores gobernantes, non teñan medo en invertir en políticas sociais , invertir nas persoas é o maior legado que podemos facer pola humanidade.

  • Os datos de este artigo recolléronse do Informe Discapacidad y Familia. Fundación Adecco.

DEJA UNA RESPUESTA