Categorías: Uncategorized

O SERGAS reparte material sanitario defectuoso entre o seu persoal

A deputada Montse Prado (BNG) alerta da distribución de 1.640 máscaras, Presurgy KN95 / FFP2 SHUYIAN defectuosas subministradas en tres hospitais da Área Sanitaria Pontevedra-Salnés, Montecelo, Provincial e Salnés, das que 575 foron utilizadas, tanto en salas COVID como en salas non COVID.

Prado ven de preguntar ao goberno galego «até cando á Xunta de Galiza vai seguir poñendo en risco a saúde e a vida dos e das profesionais da sanidade pública?»

A pandemia ocasionada pola COVID-19, explica a nacionalista, puxo ao límite o noso sistema sanitario e sobre todo, evidenciou a necesidade de investir en saúde porque “os continuos recortes de recursos económicos e humanos, non poden volver a repetirse”.

A primeira lección que nos deixa esta crise, recalca Prado, é a constatación de que o máis valioso da sanidade pública “é o seu persoal, e os magníficos e magníficas profesionais, que outra vez máis, volveron a dar o mellor de si arriscando a súa vida e saúde para garantir a saúde da poboación”. Sen ambargo, dous meses despois de decretarse a emerxencia sanitaria e o estado de alarma, “continúan as deficiencias que aumentan o risco de contaxio e inseguridade”.

MÁSCARAS DEFECTUOSAS PARA O MATERIAL SANITARIO

A parlamentaria do BNG explica que sigue sendo motivo de preocupación e denuncia que a día de hoxe, o persoal continúe sen material de protección suficiente e axeitado contra o risco de contaxio da Covid-19, e sen a realización de test masivos para todo o persoal. As alertas por materiais que non cumpren co nivel de protección especificado, especialmente as máscaras, empezan a ser habituais e tras a situación xerada no CHUO e nas ambulancias, encontrámonos con novas denuncias. A última, explica Prado, a referida ás máscaras Presurgy KN95 / FFP2 SHUYIAN que foron identificadas como defectuosas e das que foran subministradas 1.640 entre os tres hospitais da Área Sanitaria Pontevedra-Salnés, Montecelo, Provincial e Salnés. Desa cantidade, inmobilizaronse, 1.065 tras a alerta sanitaria pero “575 foron utilizadas, tanto en salas COVID como en salas non COVID. E o grave é que esta situación repítese por da terceira vez”, afirma deputada do BNG.

É preciso, que de inmediato sexan aplicadas medidas para garantir a protección das profesionais para minimizar os contaxios con dotación de material adecuado, tanto en calidade como cantidade e que se impida a distribución de “material antes de verificar a súa idoneidade”. Tamén é necesario poñer en marcha protocolos en cada unidade e servizo, baseados na evidencia científica, no risco de contaxio, e non en base á disposición de material. Todas estas medidas deberán ir acompañadas da realización de test a todo o persoal sanitario.

“Está moito en xogo” e non podemos tolerar que a vida e a saúde dos e das profesionais sexan sometidas ao risco diario de contaxio pola falta de material idóneo. “A Xunta ten a obriga de velar pola seguridade do persoal sanitario e as denuncias demostran que non o está a facer, a pesar da gravidade da situación”.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Mientras debatimos sobre ultraprocesados, nuestros hijos llevan seis horas mirando una pantalla

Hay un debate que, en los últimos años, se ha ido sosteniendo con una energía…

4 días hace

Cuando la inteligencia artificial parecía frenarse… y terminó acelerando más que nunca

Durante buena parte de 2025 la inteligencia artificial parecía haberse quedado estancada. Después de años…

4 días hace

Ventajas del rentback para maximizar la eficiencia del capital en tu empresa

El rentback para empresas representa una estrategia financiera innovadora que permite a las empresas españolas…

4 días hace

NACIONAL | Vídeo | Los ‘therians’ y el negocio del odio

Cuando un menor disfrazado se convierte en enemigo público, es que el sistema ha decidido…

1 semana hace

La oposición que no se opone: la tibieza demócrata ante otra guerra que incendia el mundo

Mientras Estados Unidos e Israel bombardean Irán y matan a cientos, la cúpula demócrata critica…

1 semana hace

Viktor Orbán activa el manual Trump para salvar su poder

A 45 días del 12 de abril de 2026, el primer ministro húngaro convierte las…

1 semana hace