A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil rexistra unha iniciativa parlamentaria na que pregunta  porqué  volveu como tertuliana a ex -Valedora do Pobo, Milagros Otero aos Faladoiros da Radio Galega, si foi unha  unha decisión da dirección da CRTVG ou da radio pública recuperala e se a  Dirección Xeral da CRTVG cre que unha persoa á que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sinalou como responsábel de “desvío de poder” e “arbitrariedade”, como cacique, pode ocupar un micro na radio pública.

Na iniciativa, a parlamentaria do BNG tamén pregunta cantos días a semana vai a actuar Milagros Otero como tertuliana na Radio Galega e con que prestación económica.

A deputada do BNG explica que o xoves 19 de setembro no Faladoiro do Galicia por Diante, da Radio Galega, volveu incorporarse  Milagros Otero, ex-Valedora do Pobo e antiga comentarista.

Otero ocupou a máxima responsabilidade á fronte da Valedoría do Pobo, entre 2015 e 2019 e a súa  saída da institución veu provocada  pola resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en relación ao nomeamento “de maneira irregular” de María Fraga, sobriña do ex-presidente da Xunta de Galiza e irmá do portavoz do Grupo parlamentario popular.

Rodil salienta que o alto tribunal sinalou “desvío de poder” e “arbitrariedade” no nomeamento da xefa de servizo da Valedoría do Pobo, María Puy Fraga. 

Para a deputada nacionalista, o proceder de Milagros Otero, “absolutamente caciquil”, non só no nomeamente senón nos meses posteriores á resolución xudicial en que se negou a deixar o cargo co apoio do Partido Popular, causou un forte prexuízo sobre unha institución que ten entre as súas obrigas velar polos dereitos das galegas e galegos,  ante  á Administración”.

Rodil cualifica de “escandaloso e indignante” que a radio pública conte entre as persoas que analizan e comentan a actualidade política  cunha persoa que non só executou prácticas caciquís senón que se negou a asumir as consecuencias dos seus actos, “co imprescindíbel apoio do Partido Popular”.

Lonxe de admitir o que foi demostrado xudicialmente e presentar a súa renuncia inmediata para salvagardar a “pouca vergoña que lle puidese quedar” a ex-Valedora decidiu iniciar unha fuxida cara á diante, coa connivencia e amparo do Partido Popular, “ensuciando” a imaxe da Valedoría do Pobo e do propio  Parlamento”.

Rodil afirma que Milagros Otero, ex­-Valedora do Pobo,  quixo bloquear e torpedear os mecanismos parlamentarios para a súa destitución do cargo, contando co  “apoio inquebrantábel do Partido Popular”.

 

 

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario