A viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, aproveitou o balance de catro anos desde a aprobación da Lei 2/2014 pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia para reclamar recursos suficientes e unha formación docente continuada para desenvolver con eficacia esta lei que afecta a milleiros de galegos e galegas.
Rodil cualificou de “pioneiro e vangardista” o texto lexislativo dentro do Estado español, “mais cativo e insuficiente pois non recolle un capítulo de sancións, como reclamaba o colectivo LGBTi, nin a despatoloxización da transexualidade, e por iso desde o BNG insistimos na necesidade de aprobar unha Lei galega de identidade de xénero”.
En relación co ámbito educativo e en base á información recollida no informe da aplicación da lei remitido á Cámara constátase as cuestións que o propio colectivo ten trasladado nas xuntanzas coa formación nacionalista en relación ao cumprimento e desenvolvemento da lei. Entre elas, Rodil citou a falta de planificación e a falta de dotación orzamentaria para desenvolver e executar de maneira real e efectiva o disposto na lexislación.
“E iso tradúcese en contadas accións que nalgúns casos mesmo foron desenvolvidas apenas un ano, sen saber moi ben por que non tiveron continuidade”, salientou. A viceportavoz parlamentaria criticou “que non se estea a cumprir coa incorporación da realidade LGBTi nos contidos transversais de formación de todo o alumnado, como recolle o artigo 22, quedando en moitas ocasións ao esforzo de implicación do profesorado”.
Exemplo diso é que se ofrecen cursos e obradoiros conxuntamente cos Centros Quérote+ dirixidos ao estudantado de 3º da ESO sen que estas actividades teñan a súa correlación nos demais niveis educativos, especialmente en Primaria e Bacharelato.
“A transversalidade é unha palabra que queda moi ben mais hai que construíla e para iso é preciso dotar de material, recursos e formación o conxunto do profesorado de maneira constante e continuada”, alegou Rodil, por iso, insistiu, “o BNG lamenta que non se estea a promover desde a Xunta a necesaria implicación das familias a través dun mecanismo útil como son as escolas de nais e pais”.
Hay un debate que, en los últimos años, se ha ido sosteniendo con una energía…
Durante buena parte de 2025 la inteligencia artificial parecía haberse quedado estancada. Después de años…
El rentback para empresas representa una estrategia financiera innovadora que permite a las empresas españolas…
Cuando un menor disfrazado se convierte en enemigo público, es que el sistema ha decidido…
Mientras Estados Unidos e Israel bombardean Irán y matan a cientos, la cúpula demócrata critica…
A 45 días del 12 de abril de 2026, el primer ministro húngaro convierte las…