Categorías: Uncategorized

Olalla Rodil saúda que por primeira vez en 35 anos unha muller sexa presidenta do Consello da Cultura Galega

A deputada do BNG, Olalla Rodil animou hoxe á nova presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez a seguir traballando na defensa da cultura e lingua de Galiza.

Na comparecencia da nova presidenta, Rodil saudou que por primeira vez en “35 anos unha muller ocupe este posto na institución galega” e agradeceu a súa presenza no Parlamento para explicar as liñas que centrarán a súa actividade no CCG.

Na súa intervención, a nacionalista destacou a necesidade de mellorar a situación da lingua galega nos “tramos de idade dos mozos e mozas máis novos”, cuestión, dixo que ademais constatamos a través do informe sobre prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galiza.

Rodil tamén  lembrou que o CCG foi creado no mesmo ano da aprobación  da Lei de Normalización Lingüística outorgándolle  competencias para  fomentar a lingua e  cultura en tanto que “creacións orixinais do pobo galego, e entendidas non só como unha herdanza que cómpre conservar e transmitir, senón como un patrimonio que cada xeración debe coidar e acrecentar”.

Vostede, -dixo a deputada do BNG á nova presidenta do CCG- procede do ámbito lingüístico. Foi directora do ILG. É membro da Real Academia Galega polo que preguntou que valoración lle merece  a ‘saúde do idioma’ e si a Xunta mantivo algún contacto coa presidenta  e o equipo do Consello da Cultura Galega  para a elaboración do ‘suposto Plan de normalización da lingua galega entre a mocidade’, xa que entre as funcións do CCG figura a de asesorar ás institucións“.

A parlamentaria tamén se referiu aos datos publicados polo Consello reflectidos na “Diagnose da cultura galega” así como no sector editorial que experimentou un  descendente número de exemplares editados con graves consecuencias económicas para   editores e empregos. “Os orzamentos dos principais programas de fomento do libro e da lectura sofren un gran recorte nos últimos 10 anos, cun descenso que se sitúa por encima do 50%”, denunciou.

Finalmente, Rodil afirmou que o sector conta cunha lei propia, “a do libro de lectura aprobada en 2007 neste propio Parlamento”, concluíu.

Galiza

Somos a sección galega de Contrainformación.es. Actualidade, ecoloxía e opinión sobre a nosa terra.

Entradas recientes

La hipocresía nuclear de occidente: doble rasero como estrategia de dominación en Oriente Medio

El mito de la no proliferación Manu Pineda El Tratado de No Proliferación Nuclear (TNP),…

6 días hace

Trump quiere deportar a la democracia: el caso Mamdani y el nuevo macartismo

Disidencia, ciudadanía y poder: la receta autoritaria del trumpismo para borrar al adversario político DE…

6 días hace

NACIONAL | Feijóo y Abascal ya no se tapan: su programa es uno solo, y se escribe con mano de hierro

Del odio al migrante al amor por las nucleares: cuando el PP copia palabra por…

6 días hace

España ya tiene un socio: Eslovenia desafía el militarismo de la OTAN

Cuando la obediencia es norma, resistir aunque sea poco ya es una anomalía LA OTAN…

6 días hace

Si cierran Ormuz, abramos los ojosLa geopolítica del petróleo vuelve a encender la mecha del desastre

El cierre del Estrecho de Ormuz, aprobado por el Parlamento iraní tras los bombardeos estadounidenses,…

6 días hace

NACIONAL | La regeneración no se pacta en Moncloa: se conquista en la calle

Matute, en una entrevista con Naiz, exige romper con el Régimen del 78 y plantar…

6 días hace