OPINIÓN | Antón Sánchez: A falsa dicotomía do PP

0
51

O voceiro de Anova Antón Sánchez contesta nas súas redes sociais ás declaracións da conselleira de Medio Ambiente Ángeles Vázquez Mejuto recollidas pola axencia informativa Europa Press.

Antón Sánchez denuncia que a estadística revela que as políticas do PP provocan “despoboamento, abandono e envellecemento” da maior parte do territorio galego / Cedida

O PP sempre opón a conservación medioambiental, paisaxística, a preservación do patrimonio, o cumplimento da normativa ou a ordenación do territorio ao desenvolvemento económico, porque precisamente os negocios que eles, dende as institucions apoian, baséanse na desvalorización e abandono do territorio.

Non é só, que como demostran os datos o modelo económico defendido polo PP provoca despoboamento, abandono e envellecemento da maior parte do territorio, senón que precisa dese contexto para espolialo cada vez máis.

Só en zonas con ese nivel de falla de expectativas se pode vender como oportunidade económica e laboral actividades que xeran moi pouco emprego e que en cambio externalizan uns custes ambientais brutais, que nunca pagan as empresas amigas do PP.

Os datos non minten, a Conselleira, sí.

Os datos demográficos e de desequilibrio interior costa, rural urbano dunha Galiza gobernada durante o 90% do tempo democrático polo PP son terribles.

Non é casualidade.

A aposta polo monocultivo do eucalipto é unha aposta por unha actividade que crea pouco emprego e moitos impactos negativos que pagamos todos e todas.

A falla de políticas de ordenación do territorio e de apoio á agricultura impiden o desenvolvemento dunha economía ligada ao sector agrario moito máis intensiva en traballo.Nésto os datos comparativos de traballo agario fronte ao forestal tampouco minten.

A tolerancia con prácticas fraudulentas na minería tampouco serve para reverter a tendencia ao abandono, senón todo o contrario.

A avalancha de eólicos creará pouco traballo e sí hipotecará un desenvolvemento sostible do país, expulsando a xente do rural sin que os seus beneficios queden na economía local.

O eólico chegou a facturar 700 millóns anuais. Prevén duplicar a potencia instalada. Imaxinemos o negocio que o PP está a agasallar aos e ás amigas, do que só quedan migallas.

Necesidade de desvalorizar o terriotorio para implantar actividades extractivistas que o desvalorizan máis.Éste é o círculo vicioso que nos ofrece este PP.

Así non é casualidade a parálise das políticas ambientais deste goberno galego.

Traballan para ENCE, Greenalia, Naturgy, etc.

Non é casualidade que non se faga a proposta de ampliación da Rede Natura.Non se fai para que poidan instalar eólicos.

Non é casualidade que do Catálogo de especies protexidas e en perigo de extinción que aprobou o bipartito só estén en vigor 4 dos plans de recuperación ou conservación dos 200 que debería.

Para Feijoo, a conselleira e as empresas da economía extractivista son limitacións ao negocio.

Non é casualidade, como evidencia hoxe a asociación Cova Crea, que dende 2008 a Xunta de Galicia non incluira nin un só humedal no catálogo de zonas húmidas porque tamén sería un obstáculo para os seus negocios.

Non é casualidade que non contemos aínda cun mapa oficial de solos con aptitude agronómica para evitar a súa forestación.

Non é casual que non haxa un Plan Sectorial de Actividades Extractivas ou un novo Plan Eólico que ordene estas actividades dun xeito racional.Mellor a barra libre.

Nada é casual.

Non hai puntada sin fío. Son a corrupción absoluta.

Esta Conselleira como a anterior, que agora traballa para unha destas empresas que se beneficia da connivencia do PP coa destrucción do país, traballan precisamente para o contrario do que dín.Para que todas esatas cuestións non lle estropeen o negocio.

O positivo désto é que ao PP e á Conselleira de Medio Ambiente non lles queda outra que sair a defender este modelo que está a ser fortemente combatido pola xente por toda Galiza.

Hai de norte a sur e de este a leste, movementos en defensa do territorio que lles van a poñer as cousas moi difíciles.Comezaron sendo locais pero avanzan cara unha loita global, porque comprendemos que só así teremos forza para vencer.

Porque é falsa a dicotomía que plantexa o PP de Feijoo.Non é este desenvolvemento económico ou despoboación. Ao contrario: Este desenvolvemento económico é despoboación.

(Sobre as declaracións sobre as políticas de vivenda merecen un comentario aparte).

Antón Sánchez é portavoz nacional de Anova-Irmandade Nacionalista e foi deputado nas dúas últimas lexislaturas do Parlamento Galego.

Dejar respuesta