Unha vez máis Feijoo xogou ao papel de servidor dócil dos grandes poderes económicos, e ao carón do Presidente de Repsol, Antonio Brufau, e de Antonio Couceiro, que nese momento actuaba como presidente da Cámara de Comercio(*), criticou, en defensa dos intereses dos grandes empresarios, a falla de planificación na transición enerxética.

Alberto Núñez Feijóo e o seu Goberno eludiron as súas responsabilidades en materia enerxética de cara á cidadanía, valora Antón Sánchez / xunta.gal

Atreveuse a falar de planificación como si o Presidente da Xunta de Galicia non tivese nada que ver co asunto e como si él e o seu goberno fixese os seus deberes.

A realidade é que:

-O seu goberno non tiña nin ten a día de hoxe preparado ningún plan para o peche das térmicas, para buscar alternativas laborais e económicas ante un peche ineludible e evidente dende hai anos.

O PP rexeitou en varias ocasións dende 2013 propostas parlamentarias de AGE e En Marea, para elaborar ese plan de peche ante un eventual peche que nós albiscábamos no horizonte 2020-2023.

A única planificación estratéxica neste caso foi a de Naturgy e a de Endesa.O PP actúa de facilitador delas, nada máis.

No acordo de París 2015, adóptanse medidas para encarecer os costes de emisión de CO2 para que servise este pago como desincentivador das actividades máis emisoras.
Polo tanto un goberno responsable tería que ter planificado o cambio de escenario.
Nada fixo Feijoo máis que seguir as instruccións de Endesa.

A súa única soclución era seguirlle enchendo os petos á empresa, pretendendo facernos creer que defender á empresa é o mesmo que defender aos traballadores.

– Dende 2010 a 2019, non se instalou prácticamente nin un MW de enerxía eólica.
Houbo tempo de planificar e ordenar por si se reactivaba a actividade no sector.

Solventar a ampliación da Rede Natura, aprobar zonas de exclusión paisaxística, aprobar os plans de recuperación e conservación de especies contando con medidas de protección ante os aeroxeneradores, elaborar un inventario de humidais rigoroso, aprobar un mapa de solos de aptitude agronómica ou elaborar un novo Plan Sectorial Eólico que sustituíse ao de 1997, obsoleto e que, por aprobarse nese tempo, non foi obxeto dunha avaliación ambiental estratéxica, é dicir, unha avaliación que tivese en conta os efectos acumulados do previsto no Plan.

Nada désto se fixo.Só os cambios que indicaron as empresas na Lei de Depredación, e na recente Lei de Simplificación Administrativa, cambios para reducir prazos, garantías e posibilidades de participación e transparencia.

Así agora, non hai ningunha planificación para dar solución á xente que traballaba nas térmicas e as súas zonas, e non a hai para unha producción eólica respetuosa co territorio e coa súa xente.

Feijoo fala de planificación cando o que quere dicir é máis privilexios para Repsol ou Endesa, ou como vimos en Salvados recentemente, para ENCE.

Elude calqueira caste de responsabilidades cando é un dos maiores responsables do desgoberno da xente, porque está ocupado traballando para o poder económico.
Neso o PP teno claro.

(*) O de Antonio Couceiro,ex-Conselleiro de Industria, membro do consello de administración de Greenalia (sector eólico, con Beatriz Mato) , presidente de Dayrilac (sector lácteo, participación pública da Xunta), presidente de Afigal, do Deportivo (colocado por Escotet), e un longo etc de cargos, merece outro artigo, sobre como se entenden as relacións público-privadas no PP.

Antón Sánchez é portavoz nacional de Anova-Irmandade Nacionalista e foi deputado no Parlamento galego nas IX e X Lexislaturas.