Hai un mes aproximadamente Josefina Fernández “Chefi” era cesada según fontes consultadas “consecuencia da crise reputacional e financeira”.

Aínda que esa “crise reputacional” percibida pola empresa semella que non ten consecuencias nas políticas públicas en Galiza, cun goberno popular disposto a seguir fornecéndolle negocio a empresas como Domusvi aínda que sexa a costa da explotación das traballadoras e da saúde dos maiores.
No caso desta empresa sobre os cimentos dunha sociedade semipública, restos das extintas por obra e graza da fusión-Feijoo, e en casos en edificios cedidos por Concellos, e por riba de todo cun trato de favor caciquil do PP dende un goberno Feijoo que non abriu nin unha residencia pública e sí privatizou moitas.
Con carencia de prazas de residencias con respecto ao Estado, a pesar de Galicia ser unha das CA máis envellecidas, péchase o grifo da xestión pública, e diríxese todo o negocio para a privada con Bono Axuda incluído, é dicir, desvio de fondos públicos á privada.
No recente Debate da Nación no Parlamento galego e Feijoo pasou por este asunto sin despeinarse reafirmándose na súa aposta pola xestión privada, a pesar de que os datos da pandemia demostran a superioridade (si falamos de saúde) da xestión pública directa sobre a xestión privada.
Modepen demostrou cos datos que unha persoa nunha residencia privada tiña casi 6 veces máis posibilidades de morrer de Covid que unha que vivise nunha pública de xestión directa.
A pesar désto Feijoo quere que prevaleza o negocio das empresas amigas do PP.
De feito ésto non ococrreu sin que ninguén avisase.
Sindicatos e asociacións de familiares viñn denunciando dende hai anos os incumplimentos da normativa en ratios de persoal, cumplimento de protocolos, etc, incumplimentos decisivos á hora de afrontar a pandemia.
Máis escandaloso foi o do Informe do Consello de Contas (non de Anova nin do contubernio marxista-xedeu-masónico) de 2017, que sorprendentemente non apareceu nas portadas dos grandes medios “concertados”. Dicía textualmente:
“Algunhas das incidencias detectadas nas actuacións de control e nos centros residenciais, tamén recollidas en as actas da Inspección de Servizos Sociais, refírense a incumplimentos en materia de persoal, fundamentalmente de ratio do persoal de atención directa e a non diferenciación de funcións por categorías profesionais, uso inadecuado das instalacións, deficiencias nos protocolos de funcionamento, falta de rigor dos rexistros e non actualización de os datos do RUEPPS. Apreciouse que, a pesar de que nos casos nos que as irregularidades observadas non se corrixiron, non se iniciaron expedientes sancionadores.”
Empresas privadas que incumpliron sistemáticamente os ratios legalmente establecidos para exprimir ao máximo os beneficios, mentras a Xunta de Galicia, a pesar de que as inspectoras e inspectores de Servizos Sociais denunciaban ditas irregularidades, miraba cara outro lado.
Un escándalo silenciado.
Así que a amiga do PP, “Chefi”, é cesada porque a súa imaxe perxudica a conta de resultados da empresa, pero non hai ningunha consecuencia por parte da administración pública que debería de velar polo cumplimento da lei e, sobre todo, pola saúde das persoas.
Agora que xa semella que pasou o pior da pandemia, pretenden que nos esquezamos de todo e reanudar o plan orixinal:o negocio da terceira idade.
Non deberíamos.
–
Antón Sánchez é portavoz nacional de Anova-Irmandade Nacionalista e foi deputado nas dúas últimas lexislaturas do Parlamento Galego.