Os estudantes universitarios galegos convocaron o mércores nos campus de Ourense, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela, un referendo sobre a continuidade da monarquía ou o establecemento da terceira República.
«Dende o estudantado de Ourense cremos que chegou a hora de decidilo todo«, explican a este medio dende a organización do referéndum no campus de Ourense. «Nun momento de repregamento autoritario do réxime do 78, fundamentado en parte nunha monarquía herdada da ditadura, a reivindicación da democracia no seu máis amplo sentido é unha cuestión de suma importancia para as clases populares«, sinalan.
A organización en Ourense reivindica a Democracia en forma de República para poder «decidir sobre o noso tempo e vida, na que a economía estea ao servizo das máis e no que o seu carácter social sexa un eixo fundamental«.
A tenor da realización de este tipo de referéndum sobre a monarquía nos centros de ensino galego, sinalan dende Ourense a idea de que «chegou o momento de devolverlle aos centros de ensino o seu espírito de espazo de debates e de coñecemento crítico, fronte a quen quere convertelos nun lugar de estudio memorístico e cara os intereses do mercado».