A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que os orzamentos que o Executivo galego presenta para 2019 “son antisocias” e non atenden as dúas grandes preocupacións da maioría social: Emprego e preservación dos servizos públicos e sociais, -sanidade, educación e dependencia-.

“Deixan en evidencia até que punto o Goberno de Feixóo é un proxecto esgotado, sen ideas, sen iniciativa e sen ambición de país. En definitiva, un Goberno en fase decadente”, sintetizou Pontón.

Son unha contas antisociais tamén no fiscal, posto que de novo hai rebaixas para as grandes rendas e nada para a maioría da cidadanía. “Hai agasallos fiscais ás rendas máis altas e esmolas de pequenas rebaixas nalgúns tributos que a inmensa maioría dos e das galegas non van notar en absoluto. O único que van notar e menos recursos para financiar recursos básicos”, indicou.

Pontón propón a Feixóo que se quere realmente facer rebaixas fiscais acabe co dieselazo imposto desde a Xunta aos condutores e condutoras galegas, “se quere alixeirar a carga fiscal aos traballadores e traballadoras que baixe os impostos sobre os carburantes que triplicou para que encher o depósito en Galiza deixe de ser máis caro que no resto do Estado, pese a ter unha refinería na Coruña”.

Antisociais son tamén unhas contas “que non van reverter un burato de 4.000 millóns na sanidade e na educación provocado por dez anos de recortes do PP” e, mesmo duplicando o incremento que a Xunta sinala nas constas de 2019, “se tardaría unha década en recuperar o investimento perdido”. Educación e sanidade precisan máis profesionais, “porque o déficit sanitario non se soluciona con máis metros cadrados, senón recuperando o persoal expulsado polos recortes”.

As contas de 2019 “non recollen estratexia produtiva” nin unha aposta pola I+D+i que permita xerar emprego de calidade. “Ano tras ano, este Goberno di que a innovación é fundamental pero Galiza está á cola do Estado en materia de investimentos e, por riba, nin é capaz de executar o orzamentado, de tal xeito que catro de cada dez euros quedaron sen gastar no 2017, 60 millóns de euros”, denunciou.

“Non darán resposta ás dúas grandes preocupacións da sociedade que pide blindar servizos públicos e dependencia e recuperar o emprego perdido”, indicou.


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

Deja un comentario