A deputada realiza unha pregunta na Comisión 4º do Parlamento Galego á Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional despois da súa comparecencia ante a cámara.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional impulsou unha rehabilitación integral -enerxética e funcional- no CPI de Pontecesures cun investimento de 762.341,23 €.

As obras inclúen a colocación dunha cuberta de panel sándwich de 30 mm na cuberta dos edificios administrativo e no de infantil e o illamento da fachada polo exterior mediante sistema SATE, agás dos dous devanditos edificios, que ao ser de ladrillo cara vista levarán illamento mediante inxección na cámara de aire de perlas de poliestireno expandido. Tamén se instalarán novas fiestras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e vidro dobre baixo emisivo e luminarias de alta eficiencia enerxética.

A obra do CPI de Pontecesures completarase coa colocación de falso teito acústico no edificio de infantil, na segunda planta do edificio principal e no ximnasio, co pintado de paramentos e portas no edificio infantil e co pulido do pavimento de terrazo. Unha parte dos traballos desenvolvéronse ao longo do verán para, en palabras da propia Xunta, “interferir o menos posible na actividade do centro, aínda que, cando se compatibilice, farase baixo as máximas medidas de seguridade”.

A finais de outubro de 2019 están aínda sen rematar estas e trabállase mañá e tarde provocando que as crianzas teñen que entrar e saír por zonas con escombro, alén de non poder saír ao patio. Esta realidade dificulta enormemente a labor da comunidade educativa do centro, pois resulta evidente que as obras durante o horario escolar impiden o funcionamento normal do centro.

Let’s block ads! (Why?)

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario