O vindeiro 24 de novembro terá lugar, na praza da Quintana ás 12:30, unha performance pola desmitificación do amor romántico.

Baixo o lema #nonéamorsenosmata as mulleres de ATAEGA farán unha representación baseada na análise crítica de algunhas das historias das princesas Disney e de como o concepto de amor que nos transmite a sociedade é nocivo para as mulleres e as relacións amorosas que establecemos.

Para sumarte, só precisan que confirmes a túa asistencia no teléfono 678 15 82 02 e o día 24 asistas vestida de negro á Praza da Quintana (Santiago de Compostela) ás 12 do mediodía.