Piden denegar a autorización ambiental aos parques eólicos mariños de Iberdrola San Brandán e San Cibrao polo seu impacto negativo sobre a biodiversidade

0
6

A Asociación Salvemos Cabana insta ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) a denegar a autorización ambiental dos proxectos por ser incompatibles coa protección da vida salvaxe.

A pardela cincenta atlántica (Calonectris borealis) é unha ave mariña común na zona onde Iberdrola pretende desenvolver os proxectos eólicos San Brandán e San Cibrao / Creative Commons

O colectivo ven de alertar que “ata a propia compañía”  constata que a instalación de ambos proxectos pode ter consecuencias imprevisibles para a biodiversidade nunha das áreas de maior valor ambiental da Unión Europea e chama a presentar alegacións logo da actualización dos proxectos por parte da empresa, que se atopan nun novo período de información pública ata o próximo 1 de setembro.

Así, indican que na documentación ambiental inicial sometida a consultas, Iberdrola recoñece que “os aeroxeradores provocan un impacto directo sobre a avifauna dado que poden incrementar a súa mortandade por impacto cos mesmos” e que “a presenza de aeroxeradores nunha zona que discorre próxima a un dos corredores migratorios máis importantes de Europa terá un impacto importante sobre a avifauna”.

Doutra banda, a enerxética certifica un impacto sinérxico e acumulativo ao afirmar que “a presenza de dous parques eólicos a unha distancia de entre 11 os puntos máis próximos e 25 os máis alonxados entre sí, vai supoñer efectos sinérxicos entre ambos ao reducir a superficie de vooo na zona de implantación dos parques eólicos”.

Finalmente, aínda que non os valora como impactos significativos, a empresa considera que os parques eólicos supoñerán unha “perturbación do hábitat”, pois “a construción e operación de ambos proxectos pode xerar molestias sobre a fauna en forma de ruídos, radiacións electromagnéticas, presenza de barcos, luces e emisións de gases” de maneira que “existe o risco de que se produza un abandono do hábitat, xa sexa temporal ou permanente”.

Para Salvemos Cabana, ante esta realidade, trátase de dous proxectos inaceptables tamén pola súa situación, pois pretenden instalarse nas inmediacións da Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) do Espacio mariño de Punta de Candelaria-Ría de Ortigueira-Estaca de Bares, “clave na migración postnupcial de más de un millón de aves e un dos pasos de referencia a nivel europeo e mundial”.

RENOVABLES SÍ, PERO NON DE CALQUERA XEITO

Por todos estes motivos a asociación, como entidade de defensa ambiental, insta aos responsables do MITECO e a súa máxima autoridade, a ministra Teresa Ribera, “a establecer unha liña vermella” e denegar a autorización ambiental de ambos proxectos “ante os numerosos impactos negativos que supoñen para a biodiversidade nun momento ademáis no que a diversidade biológixa atópase reiamente ameazada a nivel planetario”.

Nesta liña, sinalan que o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica, establecido polas Nacións Unidas en 1992 e suscrito polo Estado español, indica que “a conservación da diversidade biolóxica é de interés común” para a poboación mundial e mostra a súa preocupación pola súa significativa redución observando ademáis, como unha esixencia fundamental, da necesidade da “conservación in situ dos ecosistemas e hábitats naturais e o mantemento e recuperación de poboacións viables de especies nas súas contornas naturais”.

Por iso, para o colectivo “renovables sí, pero non de calquera maneira nin en calquera lugar“, porque “a loita contra o cambio climático non pode obviar que a ameaza máis grave para a biodiversidade é a fragmentación, degradación e perda de hábitats e ecosistemasW. Neste senso, dende Salvemos Cabana apúntase que “non se pode intentar solucionar un problema orixinando outro maior ao tempo que se obvian os bens e servizos impagables que as sociedades humanas obteñen da natureza” porque “como ben” sinalou a ONU ao respecto “resulta temerario, senon directamente perigoso, atentar continuamente contra o sistema que sustenta a nosa vida”.

Dejar respuesta