Piñeiro Docampo: “O parlamento galego está nos mínimos niveis políticos: un presidente apoucado e triste e unha oposición que pensa que está nunha tasca”

O SECRETARIO XERAL DO PARTIDO GALEGUISTA, PIÑEIRO DOCAMPO, PRONUNCIASE SOBRE O DEBATE DO “ESTADO DA AUTOMIA”

0
394

Piñeiro Docampo incidiu no travestismo que o PP fai na cámara galega, onde enche a boca de galeguismo para xa logo a seguir ir debaixo do palio do seu líder centralista Pablo Casado. O galeguismo impostado do PP en Galicia está a condicionar logo moitas das decisións que son tomadas sen que Galicia conte no escenario político cunha forza real anotou o líder galeguista. Sendo socios de Aragón ou Asturias na negociación do orzamento do Estado.

Por outro bando Piñeiro Docampo tampouco olla positivo o traballo da oposición, que lle deixa coas súas leas internas e o seu desastroso nivel político moi fácil o camiño a Feijoo. Neste sentido sinala o secretario xeral dos galeguistas: “Por unha banda temos a Leiciaga que é un home cincento, un segundon que está para cubrir o expediente e que ben podería estar na Troica. Por outra temos aos de Villares, un señor que non ten predicamento nin na súa casa e que está mais preocupado polas navallas dos seus, que por como está a ser gobernada Galicia, recurrindo o sempre circense Beiras para saír nos medios. Por último o transformismo de disimulo comunista de Ana Pontón e a súa  irreal economía, irreal como irreal é o discurso do BNG.”

Piñeiro Docampo: “A VERDADE É QUE SE DESDE O PP QUEREN CARGARSE AS AUTONOMIAS, EN GALICIA TEÑEN MOITO TRABALLO FEITO E AVANZADO, CUN MENSAXE DE BAIXO PERFIL, QUE SEGURO QUE FRAGA NON APOIABA”.

Por último o secretario xeral dos galeguistas sinalou: “cómpre unha forza galeguista que traballe en clave de País sen extremismos e cos Pés na Terra, no debate CxG non fiscalizaría ó PP, para iso está a acción parlamentar do día a día. CxG falaría da Galicia posible, da Galicia do futuro e da Galicia social

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Dejar respuesta