Piñeiro Docampo incidiu no travestismo que o PP fai na cámara galega, onde enche a boca de galeguismo para xa logo a seguir ir debaixo do palio do seu líder centralista Pablo Casado. O galeguismo impostado do PP en Galicia está a condicionar logo moitas das decisións que son tomadas sen que Galicia conte no escenario político cunha forza real anotou o líder galeguista. Sendo socios de Aragón ou Asturias na negociación do orzamento do Estado.
Por outro bando Piñeiro Docampo tampouco olla positivo o traballo da oposición, que lle deixa coas súas leas internas e o seu desastroso nivel político moi fácil o camiño a Feijoo. Neste sentido sinala o secretario xeral dos galeguistas: “Por unha banda temos a Leiciaga que é un home cincento, un segundon que está para cubrir o expediente e que ben podería estar na Troica. Por outra temos aos de Villares, un señor que non ten predicamento nin na súa casa e que está mais preocupado polas navallas dos seus, que por como está a ser gobernada Galicia, recurrindo o sempre circense Beiras para saír nos medios. Por último o transformismo de disimulo comunista de Ana Pontón e a súa irreal economía, irreal como irreal é o discurso do BNG.”
Piñeiro Docampo: “A VERDADE É QUE SE DESDE O PP QUEREN CARGARSE AS AUTONOMIAS, EN GALICIA TEÑEN MOITO TRABALLO FEITO E AVANZADO, CUN MENSAXE DE BAIXO PERFIL, QUE SEGURO QUE FRAGA NON APOIABA”.
Por último o secretario xeral dos galeguistas sinalou: “cómpre unha forza galeguista que traballe en clave de País sen extremismos e cos Pés na Terra, no debate CxG non fiscalizaría ó PP, para iso está a acción parlamentar do día a día. CxG falaría da Galicia posible, da Galicia do futuro e da Galicia social”
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…