Categorías: Galiza

Prospera por unanimidade a proposta do BNG para urxir ao goberno galego e estatal a intervir publicamente Alu Ibérica

O deputado do BNG, Mon Fernández reclamou ao goberno galego e ao presidente Feixóo que gobernen e exerzan  as súas competencias e se poñan “á fronte” para elaborar  un Plan Industrial para a fábrica da Coruña,  que garanta a permanencia da actividade industrial e  emprego. Ademais urxiu á Xunta e ao goberno central  a intervir publicamente a fábrica, aínda que sexa de maneira temporal, para garantir o seu futuro.

A proposta do BNG acadou a unanimidade da comisión de Industria celebrada no Parlamento galego.

Na defensa da proposición non de lei, Mon Fernandez afirmou que a empresa está en  tempo de desconto e coa  declaración de concurso de acredores sobre a mesa polo que o   goberno de Feixóo debe facer a  contra-reloxo todo o  que non quixo facer durante estes últimos anos, e que resultaron un verdadeiro “calvario” para o persoal da fábrica de aluminio da Coruña.

“Asuman que xa non valen escusas. Que teñen que actuar coordinadamente para presentar a tempo un plan industrial solvente”. Asuman o novo escenario: concurso de acredores en marcha, e risco real e inminente de ir á liquidación, e polo tanto á perda dunha actividade e dun emprego estratéxicos para a comarca da Coruña e para Galiza.

Dende o BNG non imos  consentir que o goberno central pretenda desentenderse de esta crise industrial, porque son evidentes as súas responsabilidades en todo o proceso da saída de Alcoa da Coruña, e a súa responsabilidade tamén en todos os feitos que se viñeron sucedendo posteriormente. “Este desastre é a súa responsabilidade”, recalcou o deputado nacionalista.

Sen embargo, dixo, unha  responsabilidade do goberno central, non xustifica que o goberno galego actúe como se a crise de ALU IBERICA non fose da súa incumbencia. “Esta actitude, escapista, tampouco se lle pode consentir a ningún goberno”.

A xuízo do deputado do BNG, a administración debe  tomar o control da fábrica para impulsar e consolidar o proxecto mentres non apareza un comprador que presente as debidas garantías e para poñer unha solución e freo a estafa dos prezos eléctricos, “hoxe en máximos históricos”.

Desde o BNG, explicou,  levamos moitos anos denunciando que o sistema de prezos do mercado eléctrico poñía en risco a industria deste país. Por certo un sistema de prezos, lembrámoslles, que se instaurou durante os gobernos de M.Rajoy, e o ministro Soria concretamente. E desde o BNG, tamén  levamos anos, facendo propostas encamiñadas para  garantir prezos eléctricos competitivos para a industria galega, como  “unha Tarifa eléctrica galega, ou unha empresa pública de enerxía” pero as nosas propostas, criticou, sempre foron rexeitadas polo PSOE no goberno central e polo Partido popular en Galiza sen aportar unha reforma do sistema, ou un estatuto para a industria electro intensiva que poña fin ao que xa todo o mundo cualifica de “estafa eléctrica”.

Para o deputado, resulta “inexcusable”  que un  goberno non “recate”  empresas en crise, sobre todo no caso de industrias estratéxicas para a economía e o emprego do país, como é este caso.

Os gobernos, dixo, deben garantir prezos eléctricos competitivos, tanto para o consumidor doméstico, como para  as PEMEs e  a industria electro-intensiva.

Pensar na riqueza que Galiza deixa ir literalmente, polo río abaixo, causa “absoluta indignación”. Indignación con un goberno que “veta unha e outra vez” a posibilidade de constituír unha empresa pública de enerxía. Que veta a posibilidade de poñer esta riqueza ao servizo do país, para salvagardar os intereses das grandes eléctricas, “caiga quien caiga” .E ao mesmo tempo, constatar que empresas como ALCOA instalándose en Noruega, por exemplo, grazas non ao petróleo nin ao gas, senón á súa xeración hidráulica ao  igual que as  fábricas que abandonou ALCOA na UE e foron rescatadas polo goberno  con  plans industriais como a empresa pública de enerxía italiana, ENEL.

 “A comarca da Coruña e Galiza non poden asumir a perda de máis tecido industrial e moito menos da produción de aluminio, estratéxica para moitas actividades industriais e da construción”, de aí, afirmou a necesidade de que o  goberno galego,  Feixóo e o goberno central interveñan  publicamente a fábrica e poñan en marcha un plan industrial que garanta a súa viabilidade e mantemento dos postos de traballo.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Una investigación expone cómo Trump usará todos sus recursos para manipular los resultados de las elecciones

Una investigación revela presiones federales, acceso a datos sensibles y sospechas de exclusión masiva de…

5 días hace

Guerra civil: Silicon Valley se rompe por la IA militar mientras el Pentágono aprieta el acelerador

Ingenieros, directivos y empresas chocan por los límites éticos de una tecnología que ya marca…

5 días hace

NACIONAL | Alaska, Eurovisión y propaganda: por qué España ha hecho lo correcto al marcharse

No es un festival de música cuando se normaliza la guerra: es un escaparate blanqueado…

5 días hace

NACIONAL | ¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica su futuro judicial

¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica…

5 días hace

España exige a Israel la liberación inmediata del activista hispano-palestino Saif Abukeshek

La detención del activista en aguas internacionales convierte la ayuda humanitaria a Gaza en un…

5 días hace

NACIONAL | Pujol: la justicia que llega tarde y se va antes

Doce años de investigación terminan sin juicio y con demasiadas preguntas sin responder Ni absolución…

5 días hace