Categorías: Galiza

Protesta veciñal pola utilización de parados a prol da mina de Touro

Cornado Mina Non presenta unha queixa ante a Consellería de Emprego e Igualdade pola utilización de persoas en situación de desemprego a favor do proxecto conxunto que Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas pretenden desenvolver na área de influencia de Santiago de Compostela.

As oficinas de Cobre San Rafael na localidade de O Pino aparecen totalmente identificadas coa cartelería da súa asociación instrumental / Creative Commons

A plataforma veciñal informa de que a empresa Cobre San Rafael está a a inscribir ás paradas e parados que entregan o curriculum no seu colectivo instrumental, autodenominado “Asociación Plataforma de Traballadores Mineiros Touro O Pino” para «simular apoio social», dado que a entidade creouse por parte de empregados da mineira «co único obxectivo de fragmentar a maioritaria oposición da veciñanza» e tentar sacar adiante o proxecto de reapertura da polémica explotación de cobre de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas.

Por outra parte, Cornado Mina Non sinala que o colectivo da mineira manipula habitual as cifras de supostos «socios», pois no mes de setembro pasou, dunha semana para outra de falar de “máis de 1.000” socios a “máis de 1.300”, o que «aínda tendo en conta a irrealidade da cifra non deixan de ser persoas en situación de desemprego que na súa meirande parte descoñecen o uso torticeiro que se está a facer do seu requerimento laboral».

«A suposta plataforma de ‘Mineiros Touro O Pino’ foi concibida dende a mineira e a prol do obxectivo comercial da mineira nunha estratexia de marketing corporativo cuidadosamente deseñada dende os despachos da empresa, Tanto é así que as propias oficinas de Cobre San Rafael na localidade de O Pino aparecen plenamente identificadas cos logotipos da súa asociación instrumental sen dúbida porque unha e outra son as dúas caras da mesma moeda» -remarcan dende a plataforma veciñal-

Ademáis, indican que «chama a atención» o comportamento do colectivo instrumental en Facebook, que pasou ao pouco tempo da súa creación «duns poucos seguidores a máis de 6.400» o que fai pensar «na potencial compra de followers nunha política totalmente prohibida pola rede social». En contraste -indican- «a conta de Mina Touro O Pino Non ten máis de 8.600 persoas reais conectadas e a de Cornado Mina Non máis de 1.700 acumuladas ao longo de anos de loita veciñal».

Por todos estes motivos, Cornado Mina Non ven de presentar unha queixa ante a Consellería de Emprego e Igualdade demandando que inste á mineira a deixar de lado este tipo de comportamentos «que só contribúen a enrarecer o ambiente social e atenden única e exclusivamente ao interés particular dunha empresa que só busca o seu máximo beneficio comercial».

RECLAMO AO ICOG

Doutra banda, Cornado Mina Non ven de facer público o seu rexeitamento á utilización que Pablo Núñez Fernández, delegado en Galicia do Ilustre Colegio Oficial de Geólogos (ICOG), está a facer dunha institución que debería ser de referencia -e por definición neutral- a favor do proxecto de reapertura da mina de Touro.

A entidade veciñal considera «totalmente inaceptable» que Núñez, como empregado de Cobre San Rafael e tamén membro da súa asociación instrumental de “Mineiros Touro O Pino”, esté a falar en nome de todas as xeólogas e xeólogos colexiados en Galicia «cando nin todos saben que isto acontece en semellantes termos nin por suposto todos están a favor do Proxecto Touro» porque «aparte das tarefas de exploración e investigación mineira este colectivo profesional tamén traballa en moitos outros ámbitos diferentes, como por exemplo no ensino en centros de educación media e superior».

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

A por Colombia y México: Trump vuelve a señalar a América Latina con la amenaza militar como método

El presidente de Estados Unidos recupera el lenguaje de la intervención armada y la coerción…

3 semanas hace

Dinamarca convierte el asilo en castigo

Cuando un Gobierno presume de cifras mientras normaliza la exclusión, el problema ya no es…

3 semanas hace

NACIONAL | Ribera Salud y el precio del silencio: cuatro despidos para proteger un negocio que juega con la salud pública

Cuatro directivos alertaron de una “vulneración de derechos” y la respuesta fue el despido fulminante.…

3 semanas hace

La caída de Sarkozy aún puede ser más profunda

El expresidente francés vuelve al centro del escándalo judicial mientras el relato de la impunidad…

3 semanas hace

NACIONAL | El médico denunciado por abusos vuelve a la sanidad pública gallega y el Sergas mira hacia otro lado

Un regreso que abre heridas y desvela un sistema que protege más al acusado que…

3 semanas hace

NACIONAL | A Feijóo se le pone cara de Casado

En el PP todo el mundo sabe qué ocurre cuando alguien cuestiona el poder sanitario…

3 semanas hace