Categorías: Galiza

Reclaman mobilización social fronte ao parque eólico Monte Agrelo e Muriño, que ameaza a paisaxe tradicional dalgúns dos últimos vales intactos da Costa da Morte

A Asociación de Defensa Ambiental Salvemos Cabana manifesta o seu firme rexeitamento ao novo proxecto enerxético da multinacional EDP Renovables e recorda que «resulta imposible obviar» os «fortes impactos sinérxicos e acumulativos» da instalación «nunha contorna xa sobresaturada de proxectos con 12 parques eólicos xa en funcionamento e 55 aeroxeradores en 10 quilómetros á redonda e nunha área de desenvolvemento que soporta actualmente 22 parques eólicos e un total de 112 aeroxeradores», o que consideran «un paso máis no desmantelamento territorial fomentado polo PP en Galicia».

O parque eólico Monte Agrelo e Muriño, de EDP Renovables, ameaza a supervivencia dalgunhas das mellores paisaxes da Costa da Morte / ASC

Neste senso, valoran que o parque eólico Monte Agrelo e Muriño «supón unha ameaza para algunhas das mellores paisaxes da Costa da Morte, o patrimonio cultural de Galicia e o turismo sostible como motor de desenvolvemento a nivel local e comarcal».

Por todos estes motivos o colectivo chama a presentar alegacións ante o proxecto, que pretende instalar entre Cabana de Bergantiños e Zas un total de 7 aeroxeradores de 200 metros de altura en punta de pa prexudicando directamente a algunhas das mellores contornas rurais do noroeste peninsular na área de afectación visual de monumentos como o Dolmen de Dombate, as Torres do Allo ou lugares de alto valor etnográfico e patrimonial como San Fins do Castro.

O certo é que a propia empresa promotora recoñece un alto nivel de impacto cunha visibilidade total calculada para o parque eólico de 37.359 hectáreas, o que a xuizo de Salvemos Cabana «imposibilita a súa integración paisaxística» debido á gran magnitud dos aeroxeradores propostos, de 122,5 metros de altura de núcleo e 155 de diámetro de rotor. Ademáis, a evacuación da enerxía do parque eólico dende a subestación eléctrica transformadora (SET) realizarse a través dunha liña aérea de 220 kV con destino «cunha notable afectación a nivel de territorio».

Doutra banda, recordan a afección directa que o proxecto terá sobre a contorna visual de monumentos como o Dolmen de Dombate, as Torres do Allo ou lugares de alto valor etnográfico e patrimonial como San Fins do Castro pois a parroquia de Cesullas, en Cabana de Bergantiños, é unha das zonas máis prexudicadas. Neste senso consideran que «o turismo sostible, como motor de desenvolvemento a nivel local e comarca verase directamente afectado».

ALEGACIÓNS AO PROXECTO

A documentación do proxecto pode consultarse en ir.gl/eolicomonteagrelo e a asociación está a preparar unhas alegacións públicas xerais que estarán dispoñibles para o seu envío á Administración a partir do próximo sábado 24 de setembro en ir.gl/alegamonteagrelo. O prazo de entrega finaliza o próximo 10 de outubro.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Una investigación expone cómo Trump usará todos sus recursos para manipular los resultados de las elecciones

Una investigación revela presiones federales, acceso a datos sensibles y sospechas de exclusión masiva de…

2 semanas hace

Guerra civil: Silicon Valley se rompe por la IA militar mientras el Pentágono aprieta el acelerador

Ingenieros, directivos y empresas chocan por los límites éticos de una tecnología que ya marca…

2 semanas hace

NACIONAL | Alaska, Eurovisión y propaganda: por qué España ha hecho lo correcto al marcharse

No es un festival de música cuando se normaliza la guerra: es un escaparate blanqueado…

2 semanas hace

NACIONAL | ¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica su futuro judicial

¿Qué posibilidades reales tiene Vito Quiles de entrar en la cárcel?: el precedente que complica…

2 semanas hace

España exige a Israel la liberación inmediata del activista hispano-palestino Saif Abukeshek

La detención del activista en aguas internacionales convierte la ayuda humanitaria a Gaza en un…

2 semanas hace

NACIONAL | Pujol: la justicia que llega tarde y se va antes

Doce años de investigación terminan sin juicio y con demasiadas preguntas sin responder Ni absolución…

2 semanas hace