Alá polo ano 2019 publicouse no DOG a avaliación ambiental da repotenciación do parque eólico de Corme. O movimento social de Ponteceso non estaba organizado. Entregamos en tempo as alegacións á evaliación ambiental. A cousa daba un pouco de medo: sete aeroxeradores ian producir máis potencia que os 61 aeroxeradores existentes. Notamos algunhas anomalías que non foron atendidas. Un aeroxerador invadía a zona de protección do Pozo da Lagoa, outro aeroxerador non respetaba a área de protección de un petróglifo e para rematala tres aeroxeradores estaban instalados dentro de Rede Natura.
Pasado un tempo a Xunta deu orde de comenzo das obras. Quedamos sorprendidos por non facer caso as nosas alegadacions e como os informes técnicos da Xunta foron favorbles: medio ambiente, augas e Patrimonio Cultural deron o visto bo. Foi noso primeiro contacto con un modelo eólico corrupto que non prima os intereses das persoas e do medio ambiente senón que estamos diante dun negocio capitalista.
Visto o visto, socialmente organizámonos. Xente do Rural e a Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras foron as primeiras entidades creadas en Ponteceso para a defensa do territorio de parques eólicos abusivos. Xente do Rural centrouse na desfeita das obras de repotenciación. Fixeron entre outras cousas un vídeo documental do atroz e impresionte destrozo dun lugar, o promontorio de Corme, natural e paisaxística de unha beleza extraordinaria. Fartas de tal atropelo contactaron cunha entidade ecoloxista. Visto o presentado como mostra realizouse unha denuncia en Fiscalía.
En febreiro do 2020 sae publicado no DOG a avaliación ambiental do parque eólico As Salgueiras é a Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras ponse a traballar na defensa do monte As Salgueiras e contra a instalación de un parque eólico abusivo.
En xaneiro de 2022 sae a sentenza do TSXG que anula a autorización da Xunta para repotenciar o parque eólico de Corme. Sinalan que o expediente, someteuse a exposición pública, carecía dos informes sectoriales. Queda anulado, tamén, por reducir á metade ( 30 a 15 días ) o prazo para consultar o imforme de impacto ambiental.
RESUMO: A satisfación é grande. O que máis satisface é que queda demostrado pola xustiza o despropósito do goberno do PP da Xunta, a agresión ao medio ambientes e as persoas que viven nas aldeas, polos políticos do goberno do PP. A constante vai ser ista, contencioso e sentenza favorable. Se o goberno do PP na Xunta de Galiza non cambia de modelo eólico, mellor que dimita.
Carlos Penedo
Plataforma pola Defensa do monte As Salgueiras