Compromiso por Galicia respostou ao ofrecenmento de En Marea de concurrir de forma conxunta nas elección europeas indicando que a formación galegista «fai unha política seria e clara, non gustamos de enganar e de xogar coa ilusión dos galegos e galegas. Vémonos hoxe na obriga de respostar as declaracións do Sr. Villares no relativo as eleccións europeas, máis propia nas formas de unha organización xuvenil que do xefe da oposición no Parlamento Galego«.

Compromiso aclara estas cuestións en catro puntos:

1.     CxG participa xa, de forma activa, na política europea na Coalición por Europa, con Izaskun Bilbao como voz de CxG, presentado xa máis de 80 iniciativas de Galicia en Bruxelas, encadrados no grupo ALDE, moi lonxe dos postulados de En Marea en Europa, por exemplo para información do Señor Villares nos non defendemos a eliminación das vacinas, eles si.

2.     Nesta convocatoria temos clara reedición de Galeusca na que xa traballamos con EAJ-PNV e PDeCAT como deixou claro o noso Secretario Xeral, Piñeiro Docampo en declaracións en Barcelona na celebración da Diada.

3.     O señor Villares igual non coñece, pola súa incorporación posterior á política galega que a afiliación de CxG decidiu por un amplo marxe do 72% ter un camiño propio na política galega lonxe das confluencias.

4.     Non temos organizacións “irmáns”, a nos preocúpanos Galicia, e para iso falamos con todos do mesmo xeito.

Agradecemos o recoñecemento de En Marea  a nosa presencia política en Europa, mais somos unha formación seria, non participamos en conversacións convocadas pola prensa, a política faise de outro xeito máis digno. Os irmáns fálanse cumprindo unha mínima lóxica, non por ofertas pouco serias en rolda de prensa” manifestou Piñeiro Docampo.

Solicito ó Señor Villares que non use o nome da nosa organización na guerra interna que vive En Marea, iso non é o camiño da política digna. Tamén lle aclaro que non participamos de organizacións que dependen das decisións da Complutense, o noso espazo é único en Galicia e os noso socios europeos teñen esa mesma posición clara nos seus ámbitos de acción” declarou Piñeiro Docampo.

Deja un comentario