ROTUNDO ÉXITO NA MANIFESTACIÓN DE HOXE ONDE 5000 PERSOAS XUNTÁRONSE PARA AMOSAR A OPOSICIÓN Á INSTALACIÓN DUN VERTEDOIRO NA CASALONGA

0
83

O goberno de galicia ten na súa man solucionar esta agresión á terra e á saúde

O vivido este domingo en Casalonga, unha aldea da parroquia de Calo (Teo), pasará á historia das mobilizacións por varias razóns. Unha, polo éxito da ambiciosa iniciativa de manifestarse durante 24h seguidas, conseguindo a implicación de todo tipo de colectivos da contorna. E outra, porque este tipo de concentracións tan multitudinairas soen facerse no centro das cidades e non nun entorno rural. Convocando á manifestación no punto cero, a veciñanza apostou por poñer en valor o lugar onde eles viven e o que queren protexer.

Os organizadores emocionábanse por momentos ao ver a resposta da cidadanía. 1km da N-550 cuberto de xente coa camiseta negra e o logo amarelo da plataforma, baixo un sol más propio do verán que de inicios da primavera, a veciñanza non dubidou en adicar o domingo a reivindicar o dereito a vivir sen ser contaminados.

Tras percorrer uns 1000 metros da N-550 á altura da Casalonga os manifestantes ocuparon unha finca cedida por uns vecinos para ler o manifestó. O presidente da plataforma, Jaime García, agradeceu aos asistentes e organizadores o traballo de máis de 24 horas sen descanso, a actriz Mabel Ribera adicou unhas palabras cheas de emoción e finalmente, outro membro da coordinadora, Marcos Ares, pechou o manifesto recordando o motivo da xuntanza e insuflando ánimos á xente para non cesar na loita.

Acudíu tamén a Rede de plataformas Compostela-Ulla-Tambre aportando pancartas das diferentes plataformas, da Mina de Touro-O Pino, de Miramones, da comarca de Ordes “Aire, terra e auga limpas”, da oposición ao vertedoiro de Lesta, de Salvemos Catasós e da Recuperación do río Sar.

O governo galego ten na súa man solucionar este problema. Cunha modificación lexislativa acabaríase o pesadelo que levan vivindo dende fai case un ano os habitantes desta zona.

O pobo falou hoxe, pide que as leis servan para protexer aos cidadáns e á terra e non para facilitar o enriquecemento duns poucos.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 824 suscriptores.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 824 suscriptores.

Dejar respuesta