Categorías: Galiza

Rubén Arroxo: “Reclamamos para Lugo un tren digno, que responda ás necesidades da veciñanza”

O deputado do BNG no parlamento do estado, Néstor Rego, participou na concentración convocada polo BNG de Lugo baixo o lema Lugo quere tren!, reclamando uns servizos ferroviarios dignos para a cidade e a comarca. O deputado do BNG afirmou que “seguiremos traballando no congreso e nas distintas institucións para que Lugo conte cun tren digno, o que pasa por cuestións como a actualización da liña Lugo – A Coruña ou a creación dunha conexión directa entre Lugo e Compostela”.

Néstor Rego afirmou que “Galiza sofre unha evidente e histórica discriminación en canto a investimentos, tanto por parte dos gobernos do PP como do PSOE”, e engadiu “isto tradúcese nun déficit en infraestruturas, equipamentos e servizos, particularmente no transporte ferroviario”.

O deputado do BNG afirmou que “a chegada do AVE á Galiza, con case 30 anos de atraso sobre a data anunciada nun primeiro momento polo goberno do estado, só supuxo que agora sexa máis rápido ir en tren de Lugo a Madrid que de Lugo a Compostela”.

“Non existe servizo de proximidade en ningunha das áreas metropolitanas galegas e, no caso de Lugo, mantense unha liña (Lugo – A Coruña), sen electrificar e con menos sistemas de seguridade que os marcados polos actuais estándares internacionais”, criticou o deputado nacionalista.

Campaña por uns servizos ferroviarios de calidade

O portavoz do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG iniciará unha campaña con distintas accións “para poñer a Lugo no mapa dos servizos ferroviarios, rematando con anos de recortes e eliminacións de servizos que son necesarios para as veciñas e veciños de Lugo”.

O BNG comezou cunha recollida de sinaturas na que pide o apoio da veciñanza para reclamar modernización da vía Lugo – Coruña, a conexión con Compostela e a recuperación dos servizos eliminados nos últimos anos. “Lugo é a única cidade de Galiza que non ten conexión directa por tren coa capital do país, un agravio que se resolvería cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando un traxecto directo desde Lugo a Compostela”, afirmou Rubén Arroxo.

Emendas do BNG aos orzamentos do estado

O BNG presentou en total 278 emendas aos orzamentos do estado para mellorar os investimentos na Galiza. Entre as emendas presentadas, figuraba destinar 100 millóns de euros á posta en marcha dun servizo de cercanías ferroviarias na Galiza, ademais de propor modificacións orzamentarias para a modernización da vía Lugo – A Coruña ou o estudo da conexión de Lugo a Compostela.

O BNG presentou emendas aos orzamentos para mellorar tamén as conexións de Lugo co resto do país por estrada. Deste xeito, desde a fronte nacionalista reclámase o remate da A-54, que conecta as cidades de Lugo e Compostela, o avance na A-56 para conectar Lugo con Ourense e a rehabilitación do trazado da N-540, especialmente ao seu paso por Guntín, onde o firme está gravemente deteriorado e o tráfico continúa a ser denso ao non haber vía de alta capacidade, o supón un grave perigo para todas as persoas que transitan diariamente por esta vía.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Alice Guy, en el centro del vacío hay otra fiesta

Alice Guy, la cineasta rebelde, tuvo una vida complicada y una carrera prodigiosa enterrada en…

1 hora hace

“Para volverte a ver”: concierto de Liuba María Hevia en Madrid

La cantautora hispanocubana se presenta el 26 de enero en el Pequeño Teatro Gran Vía

1 hora hace

Lo que los medios tergiversan sobre los “tambores de guerra” en Ucrania

En sentido general, los ministros europeos se han convertido en meros voceros y portavoces de…

1 hora hace

El PP carga contra el Gobierno por fondos europeos olvidándose de todos los datos

De las seis comunidades que más fondos han recibido una es socialista y cuatro del…

22 horas hace

Iglesias recrimina al PSOE hacerse eco de los bulos de la derecha

Pablo Iglesias ha pasado por los micrófonos de Hora Veintipico y desde allí ha lanzado…

1 día hace

El hilo viral que carga contra los que fomentan un conflicto bélico entre Rusia y Ucrania

El escritor y conferenciante Pedro Baños Bajo considera que "ninguno de los que están echando…

1 día hace