A entidade de defensa ambiental alerta de que a proximidade dos aeroxeradores a seis núcleos de poboación de Cabana de Bergantiños pode xerar problemas a longo prazo para a poboación residente.
Neste senso, indica que da análise da documentación sometida a consulta pública do proxecto da multinacional EDP Renovables na Costa da Morte pódese chegar a concluir que “a instalación podería ser prexudicial a futuro para os residentes dos lugares de O Bosque, O Reguengo, Cabana, Cundíns, Iñaño e A Eirita” pois se bennestes casos a empresa indica distancias nas máquinas AGM-3, AGM-4, AGM-5, AGM-6 e AGM-7 que oscilan entre a distancia legal establecida de 500 metros e os 780, as medicións realizadas mediante cartografía dixital parecen sinalar que “a distancia real está entre os 435 e os 496”.
Este feito, que xa se fixo constar nas alegacións elaboradas pola asociación, podería carrexar para Salvemos Cabana unha problemática a longo prazo para as áreas residencias afectadas pois “alén dos estudos acústico e de parpadeo de sombras presentados pola mercantil, a empresa non avalía os petenciais efectos do proxecto sobre a saúde da poboación residente das zonas máis próximas aos aeroxeradores, tal e como sería recomendable dacordo coa guía de alcance publicada pola Dirección Xeral de Saúde Pública“.
Ademáis deste factor significativo, o colectivo sinala que nas últimas décadas diversos estudos internacionais veñen confirmando que a presenza de aeroxeradores na proximidade de núcleos de poboación estarían detrás dun aumento dos problemas de saúde dos seus habitantes.
Neste senso no ano 2003 G.P. Van den Berg, investigador da universidade holandesa de Groningen estudou en detalle os impactos dun proxecto eólico en funcionamento atopando que os residentes situados a unha distancia de ata 1.900 metros afirmaron percibir molestias polo ruído procedente da instalación e confirmando que durante a noite a percepción do son é ata 2.6 veces maior que en horario diurno.
No ano 2006 a doutora Nina Piermont, titular da Sociedade Americana de Pediatría, testificou en calidade de experta ante o Comité de Enerxía do Estado de Nova Iorque alertando dunha serie de efectos negativos que algúns residentes próximos a parques eólicos en varios países estaban a experimentar ao cabo de tempo, un abanico de síntomas de diversa gravidade como problemas de sono, dores de cabeza, mareos, inestabilidade emocional, náuseas, esgotamento, depresión, problemas de aprendizaxe e concentración e incluso zumbido nos ouvidos (tinnitus), o que calificou como “Síndrome do aeroxerador” (Wind Turbine Syndrome) considerando como un factor de risco o grao de proximidade das instalacións eólicas a fogares e edificios de servizos á comunidade. Logo de anos de estudo e a partir do exame detido de casos clínicos de Estados Unidos, Inglaterra, Irlanda, Italia e Canadá a autora verificou que a interrupción ou estimulación anormal do sistema vestibular o ouvido interno polo ruído de baixa frecuencia emitido polos aeroxeradores podería estar detrás do problema.
Na mesma liña, Nissembaum e outros confirmaron no ano 2011 no primeiro estudo científico efectuado en condicións controladas sobre o ruído procedente dos aeroxeradores que aquelas persoas que viven a menos de 1,4 quilómetros dunha turbina eólica poden sufrir alteracións de sono “o suficientemente graves para que isto afecte a súa vida cotiá e saúde mental”, afirmando que “hai unha forte evidencia de que o ruído dos aeroxeradores é a causa dos efectos observados”.
Salt e outros, do Departamento de Otorrinolaringoloxía da Universidade de Washington propuxeron en 2014 que as consecuencias fisiolóxicas observadas procedentes do ruído dos aeroxeradores son debidas a que a duración da exposición ao mesmo “pode ser extremadamente longa” dependendo das condicións do vento, algo que é “considerablemente diferente á maioría do ruído industrial” onde períodos de actividade altérnanse con prolongados períodos de calma (por exemplo durante as fins de semana).
Outro estudo médico de Krogh e outros confirmou en 2014 que “as turbinas eólicas industriais poden danar a saúde humana se están demasiado cerca dos residentes” e que moitos médicos de familia canadenses puideron constatar que “as persoas que viven ou traballan na proximidade de turbinas eólicas industriais teñen experimentado síndomas que inclúen diminución da calidade de vida, molestias, stress, transtornos do sono, dor de cabeza, ansiedade, depresión e disfunción cognitiva” debido á interacción de diversos factores derivados da instalación de parques eólicos.
“Tendo en conta todos estes datos e o feito de que o parque eólico Monte Agrelo e Muriño atoparíase nunha zona sobresaturada de proxectos con 12 xa en funcionamento e 55 aeroxeradores en 10 quilómetros á redonda e nunha área de desenvolvemento que soporta actualmente 22 polígonos eólicos e 112 turbinas cabe preguntarse se a Xunta de Galicia está a tomar en serio o Principio de Precaución, incluido no artigo 191 do tratado fundacional da Unión Europea” -afirman dende o grupo ambiental-.
Salvemos Cabana recorda asemade que “este piar fundamental, esencial nas sociedades modernas, fai referencia a un enfoque de xestión de risco segundo o cal, no caso de que calquera política ou acción puidese provocar danos ás persoas ou ao medio ambiente, a medida en cuestión debería abandoarse, o que para un proxecto eólico coma o Monte Agrelo e Muriño sería optar pola Alternativa Cero ou de non realización”.
O proxecto do parque eólico Monte Agrelo e Muriño, plantexado entre Cabana de Bergantiños e Zas, atópase en período de exposición pública ata o próximo 10 de outubro e a Asociación de Defensa Ambiental Salvemos Cabana ven de preparar unhas alegacións públicas xerais que poden descargarse en ir.gl/alegamonteagrelo e presentarse de maneira presencial ou telemática á Administración.
Telemadrid se alinea con el discurso militarista de las FDI, atacando a periodistas de Al…
La industria automotriz alemana enfrenta las consecuencias de una transición deficiente hacia la electrificación y…
Un entramado de favores, beneficios y contratos públicos enmascarados como alquileres
Podemos exige, con el respaldo de sus bases, una ruptura con Israel y una drástica…
La historia ha demostrado que el dolor y la injusticia ignorados terminan pasando factura en…
Los Gobiernos y entidades internacionales pueden continuar emitiendo comunicados de condena, pero la realidad en…