A entidade advirte que de facelo de xeito separado, sen considerar os efectos acumulados sobre os mesmos elementos da paisaxe e a súa diversidade dos parques eólicos Felga, Gato, Penas boas, Feás, Fontella e Seselle, promovidos por Greenalia e Galenergy neste enclave coruñés, poderíase incurrir «nun procedimento viciado dende o principio e nulo de pleno dereito», tal como apuntan diversas resolucións xudiciais ao respecto.

O Monte do Gato destaca polos seus elevados valores naturais / Maps

Neste senso -indica o colectivo- a sentenza 1448/2009, do Tribunal Superior de Justicia de Castilla y León sinala que na evaluación de impacto ambiental de proxectos eólicos «téñense que ter en conta os efectos sinérxicos e acumulativos das demáis instalacións existentes, da liña de evacuación xeral e da subestación colectora», isto é, «todos os elementos que o parque eólico precise para que funcione, así como a súa incidencia en relación cos demáis existentes».

O mesmo tribunal tamén toma posición na súa sentenza 333/2010, recordando que si existen vínculos en proxectos eólicos «os mesmos deben tratarse como unha sola solicitude» pois a fragmentación de proxectos «infrinxe as disposicións da Directiva 85/337/CEE, modificada pola Directiva 97/11/CE, e a xurisprudencia do Tribunal de Xusticia» a efectos da avaliación de impacto ambiental.

Na mesma liña, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reciente sentenza 254/2020, referente á demanda presentada polas irregularidades do proxecto Sasdónigas en Mondoñedo (Lugo), sinala que «a figura do parque eólico debe ser necesariamente contemplada dende unha perspectiva unitaria, pois noutro caso quedaría desvirtuada a natureza e función de este tipo de instalacións, polo que élle consustancial que os aeroxeradores neles agrupados teñan necesariamente que compartir, ademáis das liñas propias de unión entre sí, uns mesmos accesos, un mesmos sistema de control e unhas infraestruturas comúns (normalmente, o edificio necesario para a súa xestión e a subestación transformadora), e que a enerxía resultante ten que inxectarse mediante unha soa liña de conexión do parque sen que sexa posible descompoñer, a efectos xurídicos, un parque proxectado para diseccionar del varios aeroxeradores aos que se daría un tratamento autónomo».

A REDUCCIÓN ARTIFICIOSA DO IMPACTO NON DISMINÚE OS EFECTOS NEGATIVOS DOS PARQUES EÓLICOS

Para a Asociación Salvemos Cabana a realidade que se vive actualmente en Galicia confirma que para as empresas, a «reducción» artificial do impacto ambiental unitario de cada parque eólico busca favorecer a súa autorización, a día de hoxe apoiada nunha administración «facilitadora» como a actual da Xunta de Galicia coa aprobación de normas como as leis autonómicas 3/2017 ou 9/2021, «que de facto favorecen a desprotección territorial en aras do negocio empresarial privado».

Alén das súas afeccións sobre a zona núcleo da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, para o colectivo o problema no Monte do Gato é que os seis parques eólicos proxectados pretenden concentrar un total de 40 aeroxeradores nun radio de cinco quilómetros sobre un mesmo espazo natural «co notable prexuizo que isto leva aparellado para a súa conservación», algo que non é «nin razoable nin coherente cunha zona de alto valor ecolóxico e paisaxístico».

Para o grupo cabe preguntarse «onde queda a protección da natureza para os actuais xestores da Xunta», que mentres invirten abundantes recursos públicos para «vender» unha «Galicia Verde» e unha e outra vez falan de «sostibilidade» e «conservación» en público, «permiten e impulsan unha avalancha de proxectos eólicos de imprevisibles consecuencias para o futuro e inasumibles efectos no presente afectando de manera directa a sectores produtivos básicos xeradores de emprego e riqueza a nivel local como o agrogandeiro e o turístico».

DEJA UNA RESPUESTA