Compromiso por Galicia ve con sorpresa o anuncio de Delta Cargo de abandonar a concesión da terminal de carga do aeroporto a finais de mes. A formación galeguista non atopa explicación ao repentino abandono da concesión, máis tendo en conta que no exercicio de 2017 era a terceira do Estado en volume de quilos, só por detrás de
Victoria e Bilbao.

As administracións públicas non se poden quedar de brazos cruzados ante a perda de empregos directos e indirectos que afectan a máis de 50 empresas, 17 delas adicadas ao peixe e ao marisco.

Estas empresas ven con preocupación a posibilidade de que os seus clientes busquen outros provedores fóra de Galicia. “Lavacolla non se pode permitir ter unhas instalacións de 2000 metros cadrados agonizando” sosteñen desde Compromiso, “máis cando están dotadas de todo o preciso para procesar mercadorías perigosas, productos fitosanitarios,
envío e recepción de produtos perecedoiros, animais vivos, correo ou repatriacións de restos humanos”.

Ante falta de datos de datos concretos sobre os empregos directos e indirectos, a agrupación galeguista demanda seguridade xurídica para o persoal traballador, que xa no 2011 foron subrrogados por Delta Cargo.

Deja un comentario